Este XXV Premio Xove Empresarix de Pontevedra está dirixido a aquelas ideas de negocio que sexan lideradas por mozos da nosa provincia e sexan viables técnica e económicamente.
É por iso que AJE Pontevedra quere con este XXV Premio recompensar ese espíritu de loita que move a estos mozos a superar todos os obstáculos, actualiza a súa imaxe, os seus recursos e a súa enerxía en crear una empresa da que toda a sociedade se beneficia
PREMIOS
- XOVE EMPRESARIX DO ANO 2021: Dotado de Cheque Económico para gastos de Consolidación de 500€; Ordenador persoal HP; Ipad; Cheque de 6.000€ en formacións de Galicia Business School; e un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.
- INICIATIVA EMPRENDEDORA DO ANO 2021: Dotado dun Cheque Económico para gastos de Constitución de 500€; Ordenador persoal HP; Ipad; Cheque de 6.000€ en formacións de Galicia Business School; un despacho no Viveiro de Empresas de Barro-Meis; e un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.
Todas as candidaturas presentadas optan a:
- MENCIÓN DE HONRA EN INNOVACIÓN: Un iPad; Cheque de 2.000€ en formacións de Galicia Business School; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.
- MENCIÓN DE HONRA EN RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL: Un iPad; Cheque de 2.000€ en formaciones de Galicia Business School; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.
- Premio Honorífico ao empresario de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.
Ademais todos os candidatos aos premios recibirán un diploma de participación.
Os premios entregaranse nunha gala con motivo do XXV PREMIO XOVE EMPRESARIX DO ANO que terá lugar o xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas, no Pazo O Castriño, Vilagarcía de Arousa (Rúa Valle Inclán, 23, 36600)
BENEFICIARIOS
- Poderán presentarse todos aqueles xóvenes empresarios e emprendedores menores de 41 anos a 31 de Decembro do 2021.
- Xove Empresarix do Ano 2021 empresas constituidas con anterioridade ao 01 de Xaneiro de 2020.
- Iniciativa Emprendedora 2021 debe ter un proxecto de empresa a punto de por en marcha ou empresa constituida con posterioridade ao 01 de Xaneiro do 2020.
- Ter domicilio social na provincia de Pontevedra.
- O capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos.
- A empresa non poderá estar participada por entidades ou empresas de titularidade pública.
- Estar ao corrente das súas obrigas fiscais, pagos de cotas á seguridade social e non ter contraída débeda algunha coa Comunidade Autónoma Galega
- Non ter solicitado declaración de concurso, non ter sido declarado insolvente ou en
- concurso nin estar suxeito a intervención xudicial nin inhabilitado conforme a lei concursal.
- Asistencia obrigatoria ao acto de entrega dos premios
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Os candidatos que desexen concorrer a estes Premios deberán enviar a documentación correspondente a info@ajepontevedra.com
PRAZO
As candidaturas poderán presentarse ata o 6 de marzo ás 23:59h.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as bases desta convocatoria premendo aquí.