XORNADAS DE VIDEOXOGOS E LITERATURA


A Fundación Carlos Casares organiza a III Edición das Xornadas de Videoxogo e Literatura no museo do MARCO de Vigo os días 2, 3 e 4 de setembro, unha gran ocasión para coñecer máis de cerca unha industria creativa en auxe e que ofrece un amplo abano de posibilidades, tanto a nivel económico como a nivel laboral.

Este evento xunta a profesionais do mundo dos videoxogos e da literatura dispostos a proporcionar ferramentas útiles sobre a narrativa, a creación de tramas e estruturas narrativas e tamén obradoiros prácticos. Non faltarán figuras representativas que xa están vivindo e desenvolvendo os seus negocios de éxito neste ámbito e que compartirán as súas experiencias.

Deste xeito, durante estes tres días no que se desenvolve esta iniciativa, daranse cita temáticas diversas: dente os e-sports, a creación de videoxogos narrativos e pequenas historias visuais con ferramentas como  Bitsy  e Twine, un obradoiro de videoxogos, os dereitos de autor ou as posibles saídas profesionais relacionadas co sector.

Por outra banda, hai xa diversos estudios que demostran que os videoxogos melloran a lectura, a escritura, a creatividade, a empatía e o benestar mental da xente moza (e non tan moza) polo que se converten nunha ferramenta especialmente útil no eido da educación e do ensino. Este aspecto tamén se tratará nas ponencias, dado que mestres/as e alumnado poden verse beneficiados do método de aprendizaxe dinámico e motivador que supón os videoxogos.

Queremos destacar a continuación algunhas das principais charlas de interese para as persoas emprededoras ou creadoras, aínda que podes ver o programa completo aquí.

  • OS E-PORTS EN GALICIA E EN ESPAÑA. Xoves, 2 de setembro, ás 17:15
    Hugo Botana, Sandra Cabeza «Leviathan«, Diego Vidal e Hugo Santomé «O Curruncho«
  • PRESENTACIÓN EXPOSICIÓN «A LITERATURA ENTRA EN XOGO». Xoves, 2 de setembro, ás 18:30
    Fundación Museo do Videoxogo de Galicia.
  • DEREITOS DE AUTOR NOS VIDEOXOGOS. Venres, 3 de setembro, ás 13:30
    Roberto Janeiro
  • PROFESIÓNS IMPENSABLES NO SECTOR DO VIDEOXOGO. Venres, 3 de setembro, ás 16:30
    Xosé Manuel Rey, Marcos Estebo, Ana Ponte e Denís «Siks» Nerga
  • GUIÓN E DESEÑO NARRATIVO NOS VIDEOXOGOS. Venres, 3 de setembro, ás 19:00
    Josué Monchán

Tamén terá cabida a música, pois a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia trae tamén a estas xornadas o proxecto “Música e Videoxogos”, cun concerto en directo de Andrea García, que interpretará ao piano algunha das pezas máis importantes  dos videoxogos. Será o xoves, día 2 de setembro, ás 18.30.

Estas xornadas supoñen unha oportunidade única para profesionais e persoas afeccionadas aos dous mundos (literatura e videoxogos) de descubrir todos os recursos que nos brindan os expertos que compartirán as súas experiencias, consellos, perspectivas e ideas. Ademais, existe a posibilidade de asistir de forma presencial ou vía streaming.

Precisa de inscrición previa, na seguinte ligazón podes atopar toda a información :apuntando_hacia_abajo:

https://videoxogoeliteratura.gal/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *