O pasado día 14 de febreiro tivemos unha MasterClass de Roberto Quintero no O.E. ás 13 horas e que prolongouse ata 14:45h, nela poidemos ver a paixón dun profesional da fotografía e explicounos moitas cousas da fotografía publicitaria, entusiasmando a todos os presentes, agradecerlle a súa disposición por compartir con nosoutros a súa dilatada experiencia.
De familia de fotógrafos. Desde Melide a principios do século pasado ata Vigo na actualidade. Pasando por Lugo, Villalba ou Avilés, e polos camiños das terras do Ulloa. Desde os primeiros retratos dos emigrados do século XX ata a publicidade no XXI.
Roberto Quintero é Licenciado en Publicidade e Relacións Publicas, e en Económicas. e toda a súa traxectoria profesional foi no campo da fotografía publicitaria onde traballou tanto para grandes marcas galegas como Froiz, Pescanova, Coren e marcas nacionais como Hacendado entre outras.
Tamén cabe destacar o seu labor no campo da formación onde é Profesor e Coordinador en EISV (Escola de Imaxe e Son de Vigo).