O programa Xeración IN ten como obxectivo apoiar a mocidade desempregada na creación do seu propio proxecto de autoemprego, ofrecendo acompañamento individualizado, formación práctica e acceso a axudas económicas para facilitar a posta en marcha de negocios sostibles.
Porque hai unha xeración que se move, que crea e que constrúe o seu futuro, este programa quere apoiarte no proceso de avaliar a túa idea e convertila en realidade.
Beneficiarios
- Mozas e mozos de entre 18 e 29 anos en situación de desemprego.
- Inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ou desexen inscribirse (o equipo do programa pode axudarche neste proceso).
Requisitos adicionais:
- Ter unha idea de negocio ou estar en proceso de definila.
- Compromiso para participar nas actividades do programa (asesoramentos, talleres, etc.).
Actividades subvencionables: tipos de apoio
- Asesoramento individualizado para desenvolver a túa idea de negocio.
- Talleres grupais sobre marketing dixital, modelos de negocio, comunicación, prototipado e outras competencias emprendedoras.
- Acceso a microcréditos se é necesario.
- Metodoloxía innovadora centrada no desenvolvemento persoal e profesional, incluíndo técnicas de prototipado, campus formativo en liña e concursos de ideas.
- Axudas económicas para a posta en marcha do negocio, que oscilan entre 1.200 e 2.200 euros por proxecto.
Prazo
O programa ten unha convocatoria aberta, o que significa que podes inscribirte en calquera momento. Unha vez inscrita/o, avaliarase a túa situación para comezar a traballar na túa idea de negocio e acompañarte ata que a poñas en marcha.
Máis información
Se precisas máis información ou axuda para inscribirte, non dubides en contactar co equipo do programa a través da súa páxina web oficial: Xeración IN – Acción contra a Fame.
Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.