BENEFICIARIOS
Persoas entre 45 e 60 anos de idade desempregadas ou inactivas laboralmente.
FUNCIONAMENTO
Para solicitar a incorporación neste programa é necesario acudir a unha sede da Cámara onde un equipo de profesionais (especializados en materia de emprego e formación) realizará un acompañamento activo ao longo de todo o proceso, que consta de 3 fases:
- FASE I: Orientación
- FASE II: Formación en Competencias Dixitais
- FASE III: Intermediación laboral
COMPETENCIAS DIXITAIS ADQUIRIDAS
- Alfabetización dixital, coa procura da información dixital, organización e almacenamento.
- Comunicación e colaboración, compartindo recursos para crear posteriormente contidos dixitais.
- Creación de contidos dixitais, tendo en conta principios de programación informática, creación de contidos dixitais.
- Seguridade, utilizando a tecnoloxía e a información dixital para a elaboración de datos de maneira segura.
- Resolución de problemas, segundo as necesidades tecnolóxicas de cada perfil.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar a Páxina web da Cámara.