PREMIOS NACIONAIS DE INNOVACIÓN E DE DESEÑO 2022

Estes premios distinguen a aquelas persoas e entidades que fixeron da innovación un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e do seu crecemento empresarial. Así mesmo, galardoa aos profesionais e empresas que contribuíron significativamente ao incremento do prestixio do deseño español e ás entidades que o incorporaron á súa estratexia empresarial.

CATEGORÍA DE PREMIOS

  • Premio Nacional de Innovación, modalidade «Traxectoria Innovadora”
  • Premio Nacional de Innovación, modalidade «Gran Empresa»
  • Premio Nacional de Innovación, modalidade «Pequena e Mediana Empresa»
  • Premio Nacional de Deseño, modalidade «Profesionais»
  • Premio Nacional de Deseño, modalidade «Empresas»
  • Premio Nacional de Deseño, modalidade «Novas Deseñadores»


BENEFICIARIOS

Poderán ser candidatos aos Premios Nacionais de Innovación e de Deseño 2022, as persoas físicas que teñan nacionalidade española ou sexan residentes en España e as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en España, validamente constituído, que manteña a súa actividade. En ambos os casos, en función da modalidade á que concorran, deberán posuír o seguinte perfil:

  • Premio Nacional de Innovación, modalidade «Traxectoria Innovadora»: empresarios e empresarias e profesionais cunha traxectoria de polo menos dez anos na que a innovación foi unha das características relevantes.
  • Premio Nacional de Innovación, modalidade «Gran Empresa»: grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos dez anos.
  • Premio Nacional de Innovación, modalidade «Pequena e Mediana Empresa»: pequenas e medianas empresas cunha demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos. Quedan excluídas as entidades que operen nos sectores excluídos polo artigo 1 do Regulamento de minimis.
  • Premio Nacional de Deseño, modalidade «Profesionais»: Profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
  • Premio Nacional de Deseño, modalidade «Empresas»: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
  • Premio Nacional de Deseño, modalidade «Novas Deseñadores»: dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non supere os trinta e cinco anos no día da presentación da candidatura, e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Os candidatos, no momento da presentación da súa candidatura, deberán estar en activo e desenvolvendo un labor altamente significativo dentro da súa especialidade e recoñecida internacionalmente. Cando o aspirante sexa unha persoa física, deberá demostrar estar a desenvolver unha actividade profesional mediante o alta no Imposto de Actividades Económicas ou outras obrigacións fiscais que deveñan do mero exercicio de actividade profesional, económica ou artística.


CONTÍA

Os premios terán un carácter estritamente honorífico, agás:

  • O Premio Nacional Innovación modalidade Pequena e Mediana Empresa: 50.000 euros.
  • O Premio Nacional de Deseño na modalidade Profesionais: 50.000 euros.
  • O Premio Nacional de Deseño na modalidade de Novos Deseñadores: 30.000 euros.
  • Os premios nestas modalidades non poderán concederse ex aequo.


PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de Xullo ás 15:00 horas.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis infromación podes consutar a convocatoria premendo aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *