PREMIOS «MIL PRIMAVERAS»

III edición deste certame de premios convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, en colaboración coa Deputación de Pontevedra para o fomento do uso do galego.

Este 2022 volve unha nova edición dos Premios Mil Primaveras, cuxa fin é a de recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua galega e incrementar o seu uso e prestixio.

CATEGORÍAS DE PREMIOS

  • Premio ao mellor proxecto estabilizado: escollerase entre aqueles que se leven desenvolvendo durante, polo menos, 5 anos.
  • Premio ao mellor proxecto novo: escollerase entre aqueles nacidos en 2019 ou con posterioridade.
  • Premio á mellor comunicación e impacto: escollerase entre aqueles que acadaron un grande impacto social e que supuxeron un modelo positivo de comunicación.
  • Premio ao proxecto máis innovador: escollerase atendendo á innovación da súa maneira de intervir, da súa linguaxe, do seu ámbito de actuación …
  • Premio ao mellor proxecto de fomento do galego na infancia e/ou mocidade: escollerase entre aqueles que teñan como obxectivo principal a socialización en galego da infancia ou da mocidade, como poboación destinataria prioritaria na normalización lingüística para garantir o futuro da lingua.
  • Premio ao mellor proxecto de fomento do galego nun ámbito sectorial: escollerase entre aqueles que teñan como obxectivo principal a procura do incremento do uso e/ou prestixio do galego nun ámbito sectorial concreto.

PRAZO

O prazo para inscribirse remata o 31 de xaneiro do 2022.

ENTREGA DO PREMIO

Existirá un xurado que concede o premio, o cal  consiste no recoñecemento e difusión das campañas como modelos positivos para o traballo en normalización lingüística. Entregarase ademais un galardón nun acto público.


MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes visitar a súa páxina web.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *