PREMIOS GALICIA DE INNOVACIÓN E DESEÑO 2022

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a terceira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño para recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.

CATEGORÍAS DE PREMIOS

  • Dentro dos premios de innovación recóllense as seguintes categorías:
    • Traxectoria Innovadora.
    • Grande Empresa.
    • Pequena e Mediana Empresa.
  • Dentro dos premios de deseño inclúense as seguintes categorías:
    • Profesionais.
    • Empresa.
    • Talento Emerxente.

BENEFICIARIOS

Poderán cursar candidatura aos Premios Galicia de Innovación e Deseño

  • As persoas físicas nacidas en Galicia.
  • As persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade

Dentro de cada modalidade estes deberán contar con seguintes requisitos:

  • Premios Galicia de Innovación: premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor da innovación empresarial.
    • Modalidade «Traxectoria Innovadora»: empresarios/as e profesionais cunha traxectoria de polo menos dez anos en que a innovación fose unha das súas características relevantes.
    • Modalidade «Grande Empresa»: grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos dez anos.
    • Modalidade «Pequena e Mediana Empresa»: pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.
  • Premios Galicia de Deseño: premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor do deseño.
    • Modalidade «Profesionais»: profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
    • Modalidade «Empresas»: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
    • Modalidade «Talento Emerxente»: dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non exceda os trinta e cinco anos no día de presentación da candidatura e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

CONTÍA

Todos os premios dispoñerán dunha dotación económica de 15.000 €, menos nos casos relativos ao Premio Galicia de Innovación «Grande Empresa» e ao Premio Galicia de Deseño «Empresas», que terán un carácter estritamente honorífico.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 4 de xullo de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da III edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 ou a Sede Electrónica da Xunta (IN822E).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *