PREMIOS ESCOLA DE EMPRENDEDORAS JUANA MILLÁN 2022

Con estes premios búscase contribuír ao recoñecemento do esforzo das mulleres emprendedoras e identificar proxectos que poñan en valor os principios, valores e prácticas da Economía Social e Solidaria

CATEGORÍAS

  • Categoría Novo proxecto: Premio Juana Novel 2022. Ás que están a empezar.
  • Categoría Proxecto consolidado: Premio Juana Veterana 2022. Ás que están consolidadas
  • Categoría Proxecto honorífico concedido pola Escola [sen candidatura]: Premio Juana Inspiradora 2022. Ás que son un referente.
  • Categoría Con Nome Propio: un premio para todas as candidatas polo esforzo de emprender

BENEFICIARIAS

Segundo cada categoría poderán ser beneficiarias:

Premio Juana Novel 2022. Ás que están a empezar.

  • Ser muller maior de 18 anos ou un colectivo de persoas maiores de 18 anos, sempre que a participación feminina constitúa máis do 50% do equipo.
  • Empresa constituída entre xaneiro de 2019 e a data de convocatoria destes premios.
  • Poderán participar empresas constituídas con calquera forma xurídica.
  • Deberán ser Pemes segundo a definición establecida na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003.
  • Poderán participar empresarias autónomas que acrediten o cumprimento dos criterios expostos no sistema de valoración que se recolle no apartado 8 destas bases.
  • Desenvolver unha actividade empresarial orixinal, creativa, innovadora, sustentable.
  • Estar rexistradas na web da Escola.

Categoría Proxecto consolidado: Premio Juana Veterana 2022. Ás que están consolidadas

  • Ser muller maior de 18 anos ou un colectivo de persoas maiores de 18 anos, sempre que a participación feminina constitúa máis do 50% do equipo.
  • Empresa constituída antes do 1 de xaneiro de 2019.
  • Deberán ser Pemes segundo a definición establecida na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003.
  • Poderán participar empresarias autónomas que acrediten o cumprimento dos criterios expostos no sistema de valoración que se recolle no apartado 8 destas bases..
  • Desenvolver unha actividade empresarial orixinal, creativa, innovadora, sustentable.
  • Estar rexistradas na web da Escola
  • Poñer en práctica os valores e principios da Economía Social e Solidaria, da Economía Feminista e dos Procesos Colectivos

PREMIO

Premio Juana Novel 2022. Ás que están a empezar.

  • Premio en metálico: por importe de 2.500€.
  • Programa de seguros para 1 ano [Responsabilidade Civil – Danos e accidentes] de ata 1.000 € [ Seryes].
  • Acceso a un proceso extra individualizado de tutorización e acompañamento especializado de 10 h para impulsar as áreas de mellora detectadas no proxecto, poñerase en marcha a partir de setembro de 2022.
  • Difusión especial en web e redes sociais da Escola de Emprendedoras Juana Millán e de Xuntas Emprendemos.
  • Presentación do proxecto no evento presencial de entrega de premios en novembro de 2022. Realizarase a preparación do acto de presentación con expertas en comunicación


Premio Juana Veterana 2022. Ás que están consolidadas

  • O premio consiste na prestación de servizos para o impulso do proxecto, valorados en 2.500€. Os servizos acordaranse coas premiadas, en función das súas prioridades, e poderán ser, por exemplo: imaxe de marca, renovación de web, deseño de publicidade, análise financeira, servizos xurídicos, etc.
  • Servizo gratuíto de análise de riscos e auditoría de seguros [ Seryes].
  • Acceso a un proceso extra individualizado de tutorización e acompañamento especializado de 15 h para impulsar as áreas de mellora detectadas no proxecto: poñerase en marcha a partir de setembro de 2022.
  • Difusión especial en web e redes sociais da Escola de Emprendedoras Juana Millán e de Xuntas Emprendemos.
  • Presentación do proxecto no evento presencial de entrega de premios en novembro de 2022. Realizarase a preparación do acto de presentación con expertas en comunicación


Premio Juana Inspiradora 2022. Ás que son un referente.

Este premio consistirá nunha campaña de visibilización e difusión en medios da empresa premiada cun vídeo promocional.


Premio para todas as candidatas polo esforzo de emprender.

Este premio consistirá nunha campaña de visibilización e difusión en medios da empresa premiada cun vídeo promocional.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de xullo de 2022 ás 23:59.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar as bases premendo aquí

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *