PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2024

Xa podes optar a algún dos galardóns das oito modalidades convocadas nos Premios da Cultura Galega 2024, certame que ten por obxecto recoñecer o labor creativo e a súa expansión nos ámbitos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega en todas as súas modalidades para o ano 2024. Estes premios constitúen un medio de recoñecemento e difusión á excelencia creativa, á capacidade de intercambio, á experimentación e á proxección da construción cultural de Galicia.

As institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada unha das categorías poden presentar as súas candidaturas, acompañadas dos méritos e dunha pequena xustificación descritiva, ata o 13 de agosto.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Premios Cultura Galega de Letras

  • Persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada coa literatura galega, con méritos especiais ao desenvolvemento de novos recursos e no plano expresivo, na construción dunha linguaxe propia, na creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas, tanto nos soportes convencionais como nos virtuais e outras formas experimentais coa escrita, así como calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública.

Premio Cultura Galega de Artes Visuais.

  • Persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada ás artes visuais galegas, con méritos especiais no que atinxe ao desenvolvemento de recursos expresivos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo a partir de materiais convencionais ou de soportes virtuais e experimentais, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a enriquecer a creación plástica galega e a súa imaxe pública.

Premio Cultura Galega de Artes Escénicas.

  • Persoas, colectivos ou entidades cunha traxectoria vinculada ás artes escénicas galegas meritoria en canto a recursos escénicos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a ampliar a representación escénica de Galicia e a súa imaxe pública. Nesta categoría terase en conta a obra realizada en soporte físico ou virtual, e incluiranse propostas teóricas ou proxectos de especial interese creativo ou innovador, que sirvan de referencia para a evolución escénica de Galicia. 

Premio Cultura Galega de Música.

  • Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada á creación ou á promoción da música galega. Valorarase especialmente a achega para reforzar a imaxe desta arte como creadora dunha linguaxe galega de calidade, con personalidade propia e con capacidade para se integrar nos escenarios internacionais.

Premio Cultura Galega de Audiovisual.

  • Persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada á creación, á promoción ou á difusión da creación audiovisual galega, con méritos especiais no desenvolvemento de novos recursos e no plano expresivo, na construción de linguaxes propias e na capacidade de intercambio con outras sociedades e culturas.

Premio Cultura Galega de Lingua.

  • Persoas, colectivos ou entidades de ampla traxectoria no ámbito da promoción da lingua galega. Valorarase o desenvolvemento de obras e de iniciativas destinadas a afianzar o uso e a valoración social do idioma propio de Galicia.

Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultura.

  • Dirixido a persoas, colectivos ou entidades que presenten unha traxectoria meritoria vinculada á protección, conservación e difusión do patrimonio cultural galego, material e inmaterial, en calquera medio ou campo de actuación.

Premio Cultura Galega de Proxección Exterior.

  • Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada á difusión cultural de Galicia no exterior, que contribúan á proxectar, dentro e fóra do territorio galego, a riqueza e valor da cultura galega en calquera campo e a través de calquera medio convencional ou virtual.

PERSOAS CANDIDATAS

  • Poderán ser candidatas as persoas, colectivos ou entidades que se distingan pola súa traxectoria vinculada
  • Na data de formalización da candidatura as persoas propostas como candidatas teñen que estar vivas, e os colectivos e entidades obxecto das candidaturas deben ter actividade.
  • As candidaturas só poderán ser representadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas.

OBXECTO E CONTIDO DOS PREMIOS

  1. Concederase un único premio en cada unha das modalidades descritas no artigo anterior e non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa ou entidade en modalidades distintas.
  1. O premio consistirá nunha peza artística ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

ENTREGA DOS PREMIOS

Os premios da Cultura Galega 2024 entregaranse no marco dun acto institucional.

PRAZO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Ata o 13 de agosto de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

ORDE do 4 de xuño de 2024 pola que se convocan os Premios da Cultura Galega para o ano 2024.

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: CT142A

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *