PREMIO PEME DO ANO PONTEVEDRA 2024

Se tes unha pequena ou mediana empresa na provincia de Pontevedra xa podes presentar a túa candidatura ao VIII Premio Peme do ano de Pontevedra, co que se pretende recoñecer o desempeño destas entidades cuxa actividade é fundamental para a creación de emprego e riqueza a nivel local.

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e Banco Santander convocan, en colaboración coa Cámara de España e o Faro de Vigo o VIII PREMIO PEME DO ANO PONTEVEDRA 2024 para impulsar as empresas que:

  • Innovan
  • Crean emprego
  • Están internacionalizadas
  • Apostan pola formación
  • Son sostibles

A QUEN VAI DIRIXIDO?

  • Pemes con sede social na provincia de Pontevedra e que non pertezcan a un grupo empresarial que non teña a consideración de peme.

CATEGORÍAS DOS PREMIOS

  • Categoría única: PEME DO ANO 2024 DE PONTEVEDRA

Catro Accésits:

  • Premio á internacionalización
  • Premio á dixitalización e a innovación
  • Premio á formación e o emprego
  • Premio á peme sostible

CRITERIOS DE VALORACIÓN DOS MÉRITOS

  1. Creación de emprego en 2023 e variación sobre o ano anterior, creación de emprego indefinido en 2023 e viariación sobre o ano anterior, presencia de mulleres na plantilla e variación sobre o ano anterior.
  2. Accións de formación levadas a cabo pola empresa para os seus traballadores en 2023 e variación sobre o ano anterior e participación en proxectos de Formación Profesional Dual.
  3. Accións de internacionalización levadas a cabo pola empresa en 2023 e variacións sobre o ano anterior: evolución das exportacións e/ou inversións exteriores e apertura de novos mercados.
  4. Accións de innovación e dixitalización levadas a cabo pola empresa en 2023 e variación sobre o ano anterior, gastos en patentes e propiedade industrial, porcentaxe de ventas a través de comercio electrónico, inversión en Tecnoloxias da Información, Marketing Dixital e Redes Sociais.
  5. Inclusión de proxectos sostibles como parte da estratexia da empresa en 2023: políticas de promoción da diversidade de xénero, cultural e/ou de capacitación, gasto en medidas medioambientais, auditorías medioambientais, existencia de código ético, periodo medio de pago a proveedores, acción de apoio á Comunidade a través de voluntariado ou donacións a ONG, disposición de certificacións estandarizadas vinculadas.

Para participar é necesario cumplimentar o formulario de inscripción.

PREMIO

  • Diploma acreditativo para a Peme do Ano de Pontevedra e para os catro Accésits.
  • Presencia na campaña de comunicación offline e online nos medios colaboradores.

A empresa ganadora concurrirá ao Premio Nacional Peme do Ano 2024 que se fallará no primero trimestre de 2025.

PRAZOS

O prazo de presentación de candidaturas pecharase o 8 de abril ás 20:00 h.

MÁIS INFORMACIÓN

A participación no Premio Peme do Ano 2024 implica a aceptación íntegra e incondicional das presentes bases.

Poderás obter máis información na seguinte páxina web.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *