BENEFICIARIOS
Poderán presentar as súas candidaturas aquelas empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outra entidade que contribua ao desenvolvemento da economía rural de Galicia.
As candidaturas poderán ser propostas polos interesados, por institucións públicas ou privadas ou por empresas. Todas elas deberán constar da documentación axeitada para valorar a proposta.
TIPO DE PROXECTOS
Presentación dun traballo de investigación e desenvolvemento ou dunha iniciativa empresarial innovadora nos ámbitos agrícola ou gandeiro, que se poderá encadrar en calquera dos seguintes tipos:
- Proxecto de actividade empresarial. Iniciativas empresariais que aínda estean en fase de proxecto pero que teñan definidas as súas liñas de actuación e de implantación no mercado.
- Actividade empresarial innovadora. Iniciativas empresariais en calquera das súas fases de desenvolvemento, así como empresas xa consolidadas. Nos dous casos, a candidatura terá que ser presentada coa documentación xustificativa da adecuación á finalidade do Premio, así como con calquera outra que se considere necesaria para demostrar os seus méritos. Incluirase un resumo dunha extensión máxima de dúas páxinas.
- Traballo de I+D+i. Traballos orixinais e con aplicación práctica nos sectores agrícola, gandeiro ou agroalimentario galegos, ou que supoñan unha contribución notoria ao desenvolvemento rural.
PRAZO
Presentación de solicitudes ata o 14 de xaneiro de 2022
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as bases da convocatoria ou acceder a sede electrónica da USC para a inscripción.