A Deputación de Pontevedra pretende estimular e recoñecer a traxectoria, o esforzo e o compromiso daqueles/as mozos e mozas que desenvolvan unha labor relevante nos distintos ámbito obxecto desta convocatoria (cultura, ciencias, investigación, iniciativa empresarial…).
BENEFICIARIOS
As persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos, segundo a categoría do premio na que participen:
- Categorías:
- Investigación
- Contido audiovisual
- Traballo musical
- Traballo literario breve
- Banda deseñada
- Fotografía orixinal
- Deseño e moda
Están dirixidas a mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
- Categoría 1, proxectos de agrupacións estudiantís
Está dirixida a persoas físicas, mozas e mozos de entre 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes, que estean empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra, así como a algunha das seguintes clases de persoas xurídicas:
- Agrupacións estudantís
- Que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro de entidades correspondente.
- Que teñan a súa sede social nalgún concello da provincia de Pontevedra.
- Nas que polo menos un 75 % das persoas da entidade que desenvolva o proxecto social sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.
- Centros educativos de carácter público nos que o alumnado teña entre 12 e 18 anos.
- Categoría 2, iniciativa empresarial. Está dirixida a:
- Persoas físicas
- Mozas e mozos de entre 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
- Que estean dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA), cunha antigüidade mínima dun mes antes da data de publicación destas bases.
- Persoas xurídicas
- Que teñan a sede social na provincia de Pontevedra.
- Nas que polo menos o 75 % dos membros da xunta directiva ou das administradoras e/ou administradores sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.
- Que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro público correspondente.
- Cuxo proxecto leve en funcionamento polo menos un mes no momento da convocatoria destes premios.
- Na categoría 3, educación en valores, unicamente poden participar:
- Centros públicos de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de entre 12 e 18 anos.
- Na categoría 6, no caso de que se trate dun grupo musical:
- Que as persoas que o integren teñan idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (admitirase a inscrición de grupos nos que polo menos o 75 % dos seus membros cumpra este requisito).
- Que polo menos o 75 % das persoas que o integren estean empadroadas na provincia de Pontevedra.
- Na categoría 11, reacción polo clima:
- Persoas físicas: mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra.
- Persoas xurídicas:
- Entidades de iniciativa social legalmente constituídas e inscritas no rexistro de entidades correspondente, con sede social na provincia de Pontevedra, nas que polo menos un 75 % dos membros da entidade que desenvolva o proxecto social sexan persoas físicas de entre 16 e 35 anos.
- Centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos.
CONTÍA DOS PREMIOS
Premios | ||||
Categoría | Premio único | Primer premio | Segundo premio | Terceiro premio |
Proxectos de agrupacións estudantís | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Iniciativa empresarial | 2.000 € | 1.250 € | 750 € | |
Educación en valores | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Investigación | 8.000 € | |||
Investigación en ciencias, arquitectura e enxeñería | 2.000 € | 1.250 € | 750, € | |
Investigación en artes, humanidades e ciencias sociais e xurídicas | 2.000 € | 1.250 € | 750 € | |
Contido audiovisual | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Traballo musical | 4.000 € | |||
Música clásica | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Outros xéneros | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Traballo literario breve | 4.000 € | |||
Narrativa | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Poesía | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Banda deseñada | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Fotografía orixinal | 4.000 € | |||
Serie fotográfica | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Fotografía | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Deseño e moda | 1.000 € | 600 € | 400 € | |
Reacción polo clima | 1.000 € | 600 € | 400 € |
CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS
- Poderase concursar nunha ou en varias categorías cun proxecto en cada unha delas.
- O mesmo proxecto non poderá optar a máis dunha categoría
- Os proxectos ou traballos presentados deberán ser orixinais (non poden ser copiados, reproducidos nin imitados).
- Os proxectos presentados ás categorías traballo musical, traballo literario, banda deseñada, fotografía, e deseño e moda deberán ser inéditos.
- Non se poderán presentar proxectos que xa se presentasen total ou parcialmente en anteriores edicións destes premios.
- Todo o traballo e a súa documentación que se presenten en papel deberán entregarse tamén nun soporte USB.
- Os proxectos presentaranse de forma totalmente anónima (as categorías 1 Proxectos de agrupacións estudantís, 2 Iniciativa empresarial, 3 Educación en valores, 4 Investigación, 5 Contido audiovisual e 11 Reacción polo clima, cando fosen presentados por un centro escolar, estarán exentas deste requisito).
PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes: desde o 27 de febreiro ata o 26 de abril de 2024.
O prazo para presentar os proxectos rematará o 19 de agosto.
Máis información
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DA OITAVA EDICIÓN DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE, ANO 2024
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.