OBRADOIROS FORMATIVOS DE SMARTPEME


Hoxe queremos presentarvos SmartPeme, da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha rede de oficinas da comarca, onde se presta un servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial.

Vai dirixida, polo tanto, a tódalas pemes, persoas emprendedoras e autónomas da provincia de Pontevedra que desexen mellorar a eficiencia, produtividade e competitividade dos seus negocios.

Está composta por sete centros situados estratexicamente en diferentes puntos da provincia. Queremos facer especial fincapé no que se atopa en Vigo, ao que podedes acudir para solicitar información ou asesorarvos na Rúa Eduardo Chao, 17 (36202). Pódese contactar no teléfono 886 20 20 20 ou no enderezo electrónico vigo.smartpeme@depo.es

Este mes están preparados obradoiros de grande interese para os emprendedores, como poden ser:

Vídeo márketing I – Contido audivisual, a última tendencia
23 de xuño de 2021 12:00

Crea a túa tenda en liña con Prestashop II: personaliza a túa tenda
23 de xuño de 2021 18:00

Introdución a Google Adwords
24 de xuño de 2021 18:00

Pódese consultar a listaxe de tódolos cursos dende a súa páxina web: https://smartpeme.depo.gal/es/eventos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *