DÍA DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA

O 19 de outubro celebrase o Día Internacional da loita contra o Cancro de Mama, para sensibilizar e concienciar as mulleres de todo o mundo sobre a importancia de realizarse un exame de mamas regularmente, coa finalidade de detectar calquera signo ou anomalía.

Hoxe, 19 de outubro, celébrase o día internacional da loita contra o cancro de
mama, unha enfermidade que afecta milleiros de mulleres cada ano.
A existencia deste día busca sensibilizar á sociedade con respecto a este tipo de
cancro, que é o máis corrente entre mulleres, constituíndo o 16% dos casos de
cancro feminino; por tal motivo, tamén dende a Mancomunidade de Vigo queremos
sumarnos a este recordatorio.


Esta data foi escollida pola OMS (Organización Mundial da Saúde) para promover o
diagnóstico precoz desta enfermidade e incrementar a accesibilidade a tratamentos
específicos. Estímase que 1 de cada 8 mulleres sufrirán cancro de mama ao longo
da súa vida e que a taxa de probabilidade de recuperación total, cun diagnóstico
precoz, aumenta nun 100%.


O lazo rosa que caracteriza esta loita comezou a empregarse en 1991, en Nova
York. Podemos atribuír a súa creación a Charlotte Hayley, que comezou a repartilos
en tarxetas polo pouco que invertían os EEUU na cura desta enfermidade. Pouco
despois, en 1992, isto chamou a atención da editora xefe dunha importante revista
estadounidense, que se puxo en contacto con Hayley para propoñerlle unha idea, a
cal rexeitou, por ser demasiado comercial. Por iso, a revista sacou en conxunto
cunha marca de cosmética o seu propio lazo rosa, o que coñecemos hoxe en día,
sendo un éxito rotundo.


Para finalizar, podemos destacar a importancia desta data, que supuxo un factor de
innegable importancia á hora de mellorar os tratamentos e darlle visibilidade a esta
terrible doenza. Grazas aos esforzos da OMS e de numerosas organizacións ao
redor do mundo, a taxa de supervivencia deste cancro hoxe en día acada o 90%,
sendo a máis elevada neste tipo de enfermidade.
Por iso, os gobernos non deben esquecer que dedicar recursos para a investigación
e a prevención é a mellor maneira de loitar contra a enfermidade… por todas elas,
por todas nós…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *