CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE TÉCNICO AUXILIAR DE EDUCACIÓN DIURNA NO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE

Esta convocatoria ten por obxecto constituír unha bolsa de emprego para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais de Técnico auxiliar educación diúrna (C1).

REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES

Para seren admitidos na bolsa de emprego as persoas aspirantes deberán reunir estes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TRLEBEP, respecto do acceso ao emprego público dos nacionais doutros estados.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Posuír ou estar en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para acceder ao posto ofertado o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
  • Posuír a capacidade funcional para desempeñar as tarefas habituais do postos ao que aspira.
  • Non estar separadas por un expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala do persoal funcionario do que estivesen separadas ou inhabilitadas. No caso de seren nacionais doutro estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado e nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
  • Ingresar a cantidade fixada como dereitos de exame no recibo que se emite xunto coa solicitude de participación Grupo C1: 15 €.
  • Cumprir os demais requisitos esixidos nas respectivas bases específicas para o ingreso.

REQUISITOS ESPECÍFICOS

Ademais dos requisitos xerais, as persoas aspirantes a este posto deberán posuír o título de bacharelato.

CENTRO DE TRABALLO

Calquera dos centros de acollemento do Centro Príncipe Felipe, con xornada laboral a quendas rotatorias de mañá e tarde. Os centros son:

  • Centro Escuela-hogar y Centro Infantojuvenil Agarimo (8-18 años)
  • Centro maternoinfantil (0-8 años)

FUNCIÓNS PROPIAS DO POSTO

  • Traballar en equipos de carácter multidisciplinar, colaborando entre outros coa xunta educativa e co equipo educativo e informar sobre o coñecemento das características profesionais de cada menor, a través da observación, reflexión e acción, da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para acadar esta información.
  • Colaborar coa xunta educativa e co equipo técnico achegando e transcribindo, de ser o caso, toda a información puntual e concreta da que se teña coñecemento para facilitar unha mellor programación e elaboración do P.E.I. , participando de igual maneira na elaboración de plans de intervención para cada menor.
  • Colaborar na intervención da vida cotiá do menor no centro, creando situacións que favorezan o seu progreso e maduración e outros aspectos básicos como a alimentación, vestimenta, saúde, limpeza, orde, etc.
  • Asistencia na alimentación colaborando co dietista na planificación e seguimento da dieta do menor, e na súa hixiene.
  • Fomentar hábitos de autoalimentación e autonomía persoal.
  • Fomentar hábitos de corrección na mesa e ante os alimentos, en colaboración dos responsables dos demais servizos implicados.
  • Asistencia na hixiene (cambios e lavados necesarios para o benestar do neno).
  • Asistencia en pequenos accidentes e feridas, sempre que o persoal médico non este operativo:
    •  Consultas médicas, acompañando o menor nestas.
    •  Consultas en centros hospitalarios e recollida de información dos nenos nelas.
    •  Observación e anotación dos cambios, comida, sono, etc.
    •  Conseguir un medio próximo ecolóxico-ambiental san.
    •  Observar o seu estado xeral de saúde.
  • Atender os menores con eivas en todas as súas necesidades: transportes, hixiene persoal, alimentación, etc.
  • Colaborar na orientación escolar, profesional e laboral dos menores dentro das canles marcadas pola xunta educativa, facendo en colaboración cos educadores un seguimento exhaustivo de cada menor e das súas necesidades, para unha mellor integración, e unha actuación axeitada a cada caso específico.
  • Colaborar na busca de respostas ante situacións conflitivas para fomentar a convivencia e a integración do menor no centro, buscando a formación do menor no respecto dos dereitos fundamentais e no exercicio da tolerancia e da liberdade e asumir a necesidade de traballar valores e normas.
  • Calquera outra función inherente ao desempeño das funcións do posto de traballo.

PROCESO SELECTIVO

O exame consta de dous exercicios:

  • Primeiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio. Consta de 35 preguntas tipo test con catro opcións correspondentes ó contido do programa. terá unha duración de 35 minutos.
  • Segundo exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de traducción ao galego dun texto en castelán. As persoas que posúan o CELGA 4 estarán exentas desta parte o terán a máxima calificación (un 2).

PRAZO

O prazo para presentar as solicitudes remata o  23 Novembro.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar as bases da convocatoria na páxina web da Deputación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *