CONCURSO REACCIÓN POLO CLIMA

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras da terceira edición do concurso Reacción polo Clima, que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais nas que se denuncie a situación do planeta e se propoñan actuacións para combater a contaminación, entre outros aspectos, e, deste xeito, potenciar o talento da xuventude e mostrar as súas reivindicacións neste ámbito

PREMIOS E FORMATO

  • Os premios convocados están dotados cun importe total de 4.000,00€, divididos na seguinte escala:
    • Primeiro Premio: 2.400,00 €
    • Segundo Premio: 1.000,00 €
    • Terceiro Premio: 600 €
  • Os traballos serán en formato audiovisual e admitirase calquera tipoloxía empregada pola xuventude nas redes sociais ou en medios de difusión de natureza similar (por exemplo: Instagram, TikTok, YouTube etc.).
  • A duración máxima do vídeo será de dous minutos e medio.
  • A institución provincial queda eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente relacionada coa propiedade intelectual na que puidesen incorrer as persoas participantes.

PARTICIPANTES

Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Persoas físicas
  • Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos na data de presentación da solicitude.
  • Estar empadroadas en calquera concello da provincia de Pontevedra.
  • Persoas xurídicas
  • Ser entidades que teñan a súa sede fiscal na provincia de Pontevedra.
  • Que polo menos o 50 % das persoas administradoras ou membros da xunta directiva sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

EXCLUSIÓNS

Quedan excluídos do concurso os proxectos:

  • Que non cumpran os requisitos establecidos nas bases.
  • Con contidos que poidan atentar contra a imaxe, a intimidade e a honra das persoas ou das institucións.
  • Que sexan discriminatorios desde o punto de vista do sexo ou da raza.
  • Que empreguen imaxes de menores con contidos que poidan constituír un delito.

PRAZO

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 16 de maio de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar as bases premendo aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *