CONCESIÓN DE POSTOS NO MERCADO DA II SEMANA GRANDE DE SOUTOMAIOR 2025

O Concello de Soutomaior ven de publicar dúas convocatorias clave para dinamizar a II Semana Grande de Soutomaior 2025, que se celebrará do 1 ao 6 de agosto, de interese para persoas autónomas e empresas. Estas bases regulan, por unha banda, a concesión de barras de bar e comidas e, por outra, a instalación de postos de venda ambulante.

Obxecto 

Ambas convocatorias enmárcanse nun evento con actividades destacadas: orquestras, discomóbiles, show cooking, tirada de fogos de artificio, mercado e xantar popular. A través desta convocatoria, as empresas, asociacións  e persoas interesadas poderán optar á concesión dos postos de venta ambulante e das barras de bar (infraestruturas para a venda con servizo de bar e comidas) que se instalen en diferentes puntos durante os seis días que dura a Semana grande na parroquia de Soutomaior. 

Quen pode solicitar

  1. Barras de bar:

Poderán ser adxudicatarios,  por orde de prioridade:

  • Empresas ou profesionais de restauración, bares e pubs.
  • Entidades  sen ánimo de lucro que vaian destinar a recadación a fins deportivos ou culturais en Soutomaior.
  • Persoas físicas, se quedan prazas vacantes tras as dúas categorías anteriores.
  1. Postos de venda:
  • Persoas físicas ou xurídicas: autónomos, pequenas empresas, etc.
  • ANPAS ou asociacións veciñais culturais e deportivas locais.

Requisitos adicionais para ambas:

  • estar ao corrente das obrigas tributarias e de seguridade social,  
  • contar cos seguros de responsabilidade civil e de accidentes necesarios,
  • Presentar a solicitude (Anexo 1), anexos e documentación que se lle solicite en tempo e forma.

Soamente se admitirá unha solicitude por entidade /local de negocio.

Actividades a desenvolver 

  1. Barras de bar:
  • Venda de bebidas.
  • Servizo de comidas ou tapas rápidas.
  • Instalación dunha barra desmontable decorada e adaptada esteticamente ao evento.
  • Montaxe de mesas, bancos, carpas, etc.
  • Decoración e elementos de ornato propios dunha festa popular.
  1. Postos de venda:
  • Produtos típicos das festas populares: rosquillas, doces, xoguetes, complementos, artesanía, etc.
  • Produtos que non se ofrezan nas barras de bar.
  • Venda realizada en postos desmontables.

A concesión terá carácter persoal e non poderá ser cedida a terceiros/as, nin subarrendada.

Prazo 

Pódense presentar solicitudes ata o 14 de xullo de 2025 ás 14.00h.

Máis información

Consulta as Bases barras bar Semana Grande de Soutomaior 2025.

Consulta as Bases postos Semana Grande de Soutomaior 2025.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Xunto á instancia xeral presentarán:

  • Anexo 1.
  • Anexo 2.
  • DNI/NIF da persoa representante ou no seu defecto, da persoa representante.
  • Calquera outro documento que sexa necesario para acreditar criterios da táboa de valoración.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *