A situación adecuada abriranos as portas do marketing,creando novas oportunidades para que a nosa empresa teña unha adecuada visibilidade, para poder chegar ao target específico sen deixar de lado os obxectivos. Tentamos forxar un vínculo cos nosos consumidores que xere un engagement directo, sen precisar de intermediarios. O éxito que obteñamos da rede dependerá, entre outros factores, do contido e da estratexia SEO (Search Engine Optimization). Será imprescindible que o contido sexa orixinal e que a paxina web estea ben estruturada.
Pasos para situarse na rede
- Análise das Keywords: as palabras que xeran mais tráfico,para elo temos ferramentas como google Keyword para situalas adecuadamente.
- Optimizar o sitio Web: debe ter algunhas das Keywords no dominio,elixir correctamente o provedor de hosting e unha velocidade de carga axeitada.
- Optimizar os enlaces: xerar enlaces a través dun link que conteñan unha temática similar á nosa,entre páxinas con autoridade e confianza.Os backlincks de calidade e orixinalidade permitirannos estar mellor situados nos ERP’S de Google, concedendo maior importancia na nosa canle Web.
- Análise dos resultados: realizarase de forma constante,nesta etapa saberemos como vai a nosa situación web,definiremos estratexias e o comportamento dos usuarios nas redes dentro do programa de marketing.
Seguindo estes pasos poderemos observar que os beneficios SEO son unha peza fundamental de toda empresa que desexe situar a súa marca na rede e interactuar ao mesmo tempo cos seus clientes.