Chega a 3ª edición do Galicia Market Place

O 16 de febreiro celebrarase a terceira edición de Galicia Market Place, unha aposta para reflexionar sobre innovación no sector agro-mar-alimentario galego e implementar o valor da marca Galicia.

Galicia Market Place
A xornada contará cun amplo programa de actividades e celebrarase na sede do Círculo de Empresarios de Galicia, en Avenida de García Barbón, 62 Vigo.

Galicia Market Place é de novo nesta terceira edición un espazo para as emprendedoras emprendedores que apostan innovando no sector agrogandeiro, martírimo e alimentario galego.

A xornada arrincará ás 9:00, hora desde a que haberá un espazo-escaparate para a presentación de produtos artesáns e gourmet da man de dez empresas do sector agrogandeiro, marítimo e alimentario.

Tamén desde as 9 horas sucederanse as actividades e encontros con emprendedores e empresarios. Na primeira das mesas tratarase a globalización do sector, dos máis tradicionais aos máis recientes.

A segundas das mesas versará sobre o valor da marca e o poder do marketing nos canais de distribución.

Na terceira mesa redonda da xornada, será o tempo para abordar a cooperación para a incrementación do valor, xunto á transformación e diversificación do sector,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *