O Programa Impulso do Ecosistema Emprendedor Innovador da Fundación EOI busca financiar accións e eventos de apoio a emprendedores e, principalmente, a empresa emerxentes (startups) con fin de promover as súas actividades, tanto a nivel nacional como fóra das nosas fronteiras.
Os eventos que se propoñan deben ter como finalidade crear as contornas adecuadas para que emprendedores, empresas e startups poidan conectar con distribuidores, inversores ou potenciais clientes, facer networking ou ter acceso a recursos ou entidades que favorezan a súa actividade.
Entidades beneficiarias
Poden solicitar estas axudas as entidades públicas ou privadas que organicen eventos de emprendemento innovador, tales como feiras, congresos,… e que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar validamente constituídas con personalidade xurídica propia.
- Ter domicilio fiscal e o principal centro operativo en España.
- Ser entidades públicas ou privadas.
- Estar inscritas no censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente das Administracións Tributarias Forais.
- Contar cunha antigüidade mínima de dous anos antes da data de publicación desta convocatoria no BOE (6 de maio de 2025), e tamén unha experiencia mínima de dous anos na organización de eventos ou actividades de apoio a emprendedores.
Requisitos adicionais
As entidades solicitantes deben cumprir as obrigas establecidas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e non estar incursas en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiarias segundo o artigo 13 da devandita lei.
- Executar as actividades subvencionadas segundo o proxecto presentado.
- Xustificar adecuadamente os gastos realizados.
- Facer constar o financiamento público recibido en todas as accións de difusión e comunicación do evento.
- Cumprir coas obrigas de transparencia e publicidade establecidas na normativa vixente.
Exclusións
Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades que:
- Non cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
- Estean incursas en causas de prohibición para ser beneficiarias segundo o artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.
- Non estean ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Actividades subvencionables
Considéranse subvencionables os eventos de emprendemento innovador que:
- Teñan carácter local, autonómico, nacional ou internacional.
- Se celebren nun lugar concreto.
- Teñan unha duración mínima presencial dunha xornada (6 horas).
- Os seus destinatarios sexan un 80% empresas startups, persoas emprendedoras e/ou outros actores do ecosistema emprendedor.
Serán subvencionables os gastos directos da organización do evento, cos límites que fixa a convocatoria.
Contía
O orzamento total da convocatoria é de 2.200.000 euros. A intensidade máxima da axuda será do 100% dos gastos subvencionables da proposta presentada e o importe máximo por proposta será de 100.000 euros.
Prazo
Dende o 7 de maio ata o 7 de xuño de 2025.
Máis información
Acceder ao BDNS: 830175
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.