Axudas para a formación de mulleres en postos de técnicas/adestradoras no ámbito deportivo na provincia de Pontevedra

O obxecto desta convocatoria é fixar as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar e apoiar a formación de mulleres nos postos de adestradoras ou técnicas nos clubs deportivos.

BENEFICIARIOS

Poderán beneficiarse desta convocatoria as mulleres empadroadas na provincia de Pontevedra polo menos dende o 1 de xaneiro de 2021.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Considerarase gasto subvencionable os gastos de matrícula dos títulos oficiais de adestradora ou adestrador ou de técnica ou técnico das diferentes federacións ou dos estudos oficiais de réxime especial dos ensinos deportivos iniciados en 2021 (o período lectivo poderá ser en 2021 ou en 2021/2022).

O importe máximo das axudas será de 500 euros. 

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de decembro de 2021

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a páxina web da Deputación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *