ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NA VIII EDICION DA ACELERADORA BFA

Se tes un proxecto relacionado coa automoción e a mobilidade sostible e buscas darlle un impulso, xa podes inscribirte na 8ª edición do programa que Business Factory Auto &Mobility pon en marcha para a aceleración e consolidación do sector na comunidade galega.

A Business Factory Auto (BFA) é unha iniciativa promovida polo Consorcio Zona Franca de Vigo, a Xunta de Galicia, o Cluster de empresas da automoción (CEAGA) e Stellantis. Buscando dar unha resposta ao cada vez máis rápido proceso de transformación nos niveis da cadea de valor da industria de automoción, a BFA facilita ferramentas e apoio que permitan a aceleración e consolidación de proxectos empresariais especializados en mobilidade e automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

O programa está dirixido a iniciativas promovidas por:

  • Particulares
  • Empresas existentes ou con orixe en centros de coñecemento.
  • STARTUPS

Desde a BFA apoiaranse proxectos relacionados coa transformación dixital, priorizando aqueles que se inclúan nalgún ámbito tecnolóxico, como poden ser: robótica, sensorización intelixente, visión artificial intelixente, Green Factory…

FASES DO PROGRAMA

  • Aceleración: para proxectos en etapa inicial.
    • Duración: ata 9 meses.
    • Actividades da fase: validación e desenvolvemento do producto/servizo, definición do modelo de negocio, consecución das primeiras ventas e desenvolvemento das competencias e habilidades do equipo.
  • Consolidación: para empresas cun modelo de negocio estructurado, que xaempezan a ter ingresos.
    • Duración: ata 12 meses.
    • Actividades: formación, mentorización e networking.

Ademais das actividades das fases do programa, a BFA ofrece outros tipos de apoio, como pode ser o financiamento das empresas coa combinación das seguintes modalidades: subvención a fondo perdido (da GAIN) e préstamo participativo con opción de capitalización.

PRAZOS

Para inscribirse: desde o 27 de febreiro ata o 15 de maio.

O proceso de selección de proxectos rematará o 1 de xullo.

MÁIS INFORMACIÓN

Para participar neste proxecto é necesario cumplimentar o seguinte formulario de inscripción. Tamén poderás obter máis información na seguinte páxina web.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axudana tramitación, podes poñerte en contacto con oso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *