BENEFICIARIOS
Poderán participar neste Programa os emprendedores e/ou empresas con personalidade física ou xurídica, cuxa actividade principal estea relacionada co sector da industria turística e que estean ou poidan estar a desenvolver un proxecto de innovación turística vinculada coa comunidade autónoma de Galicia..
- No caso de emprendedores, estes deberán presentar unha idea de negocio ou proxecto de empresa de carácter innovador relacionado co sector turístico.
- No caso de empresas – xa sean estas persoas físicas ou xurídicas – deberán estar legalmente constituídas en Galicia e NON ter unha antigüidade superior a dous (2) anos de actividade no momento de cubrir a solicitude de participación.
O perfil requirido nos proxectos é o seguinte:
- Proxectos Innovadores.
- De alto impacto na Sociedade.
- Enfocados no sector do Turismo.
- Constituídos na Comunidade galega.
CATEGORÍAS DE PROXECTOS
As categorías serán as seguintes:
- TRAVEL TECH, proxectos tecnolóxicos no campo da tecnoloxía de viaxes.
- INFRASTRUCTURE TRACK, proxectos que fagan máis accesible o turismo especializado, e que tamén popularicen e creen infraestruturas para iso.
- CAMINO DE SANTIAGO, proxectos que fortalezan, diversifiquen, amplíen a oferta ou potencien o eixo de entrada do Turismo en Galicia.
- SOCIAL TECH, proxectos de negocios socialmente relevantes no campo das viaxes e o turismo.
- SOSTIBILIDADE, proxectos cun impacto positivo no desenvolvemento sostible.
- GASTRO TECH, proxectos 360, do mundo gastronómico, que adxunten produtos locais, restauración, cultura e turismo.
- TURISMO DE LITORAL, proxectos do sector turístico relacionados co Turismo Náutico e o mar.
DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA
Esta Segunda Convocatoria será desenvolvida por GALICIA TURISTIC SL en colaboración continua coa Axencia de Turismo de Galicia, ao redor dunha convocatoria que consta de 4 fases:
- Fase 1.- Convocatoria e Selección dos proxectos
- Fase 2.- Pre-Academia
- Fase 3.- Academia
- Fase 4.- Investor Day e Demo Day Final
PREMIOS
- 1º Premio. – 40.000 € + PROMOCIÓN*
- 2º Premio. – 20.000 € + PROMOCIÓN*
- 3º Premio.- 15.000 € + PROMOCIÓN*
- Recoñecemento ao Emprendedor. – 5.000 € (A elección da Dirección)
*Participación en EVENTOS ou FERIAS do Sector da man da AXENCIA GALEGA de TURISMO
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 22 de marzo de 2022 ás 11:59 a.m.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as bases da convocatoria ou acudir directamente á inscripción premendo aquí.