Quen organiza os obradoiros?

En anteriores publicacións xa informamos dos Obradoiros de emprego e en que consisten, pero quen os organiza e que organismos está detrás deles? Son entidades locais ou organismos autónomos? Existe algún requisito para a súa creación?

Poderán ser promotores dun Obradoiro de emprego os:

  1. Organismos e entes públicos da Administración Xeral e das Comunidades Autónomas.
  2. Asociacións e Entidades sen Ánimo de Lucro.
  3. Entidades con competencias de promoción de emprego dependentes ou similares a Entidades Locais.
  4. Entidades Locais e os seus Organismos Autónomos.
  5. Consorcios. 

Ademais, para a realización dun Obradoiro de Emprego existen tres requisitos fundamentais:

  1. Un colectivo de desempregados con dificultades para acceder ao mundo laboral.
  2. Unha obra para realizar mediante a cal os participantes do Obradoiro poidan realizar un traballo real e profesionalmente satisfactorio, adecuado á situación laboral.
  3. Que no territorio no que se organiza o Obradoiro exista a posibilidade de inserción nese ámbito profesional. 

Bótalle unha ollada á nosa infografía explicativa.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *