AXUDAS Á CONCILIACIÓN POR REDUCCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO

Establécense as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral mediante a redución da xornada de traballo. Estas axudas están dirixidas principalmente a fomentar a corresponsabilidade dos homes nos coidados infantís, promovendo un reparto máis equilibrado das tarefas familiares.

Establécense as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral mediante a redución da xornada de traballo. Estas axudas están dirixidas principalmente a fomentar a corresponsabilidade dos homes nos coidados infantís, promovendo un reparto máis equilibrado das tarefas familiares.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas destinadas a apoiar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade das persoas da unidade familiar que exerzan o dereito á redución da xornada laboral, especialmente por parte dos homes, para o coidado dos seus fillos e fillas.

Serán subvencionables as situacións de redución da xornada de traballo para o

coidado de fillos e fillas, no período comprendido entre o 1 de agosto de 2025 e o 31 de xullo de 2026, ambos os dous incluídos.

Beneficiarios

Poderá ser beneficiaria das axudas previstas nesta convocatoria a persoa proxenitora do/da menor que exerza o dereito á redución de xornada, e segundo as seguintes situacións:

a) No caso de unidades familiares en que a parella estea formada por persoas de distinto sexo, o proxenitor de sexo masculino, tendo en conta que o obxectivo do programa é o cambio de tendencia cara á corresponsabilidade real e que, polo tanto, sexan tamén os homes os que se acollan á redución da xornada.

b) No caso de unidades familiares en que a parella estea formada por persoas do mesmo sexo, calquera das persoas proxenitoras.

c) No caso de unidades familiares monoparentais, a persoa ao cargo da unidade familiar.

d) No caso de custodia compartida do/da menor, calquera das persoas proxenitoras.

Requisitos adicionais:

  • Empadroamento en Galicia.
  • Redución de xornada mínima do 12,5 %.
  • Coidado de fillos/as menores de 3 anos, ou menores de 12 con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • Traballador/a por conta allea (sector público ou privado).
  • Non superar 7 veces o IPREM 2025 nos ingresos familiares.
  • Convivir coa menor durante o período subvencionado.

Exclusións: As axudas previstas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra subvención pública co mesmo obxecto e finalidade.

Actividades subvencionables

A reducción da xornada de traballo por parte dunha persoa proxenitora para o coidado de fillos/as, sempre que o fillo/a sexa:

  • Menor de 3 anos
  • Menor de 12 anos con discapacidade ≥ 33 %
  • Menor adoptado/acollido nos últimos 3 anos (12 se ten discapacidade).

Contía

Depende da porcentaxe de redución de xornada, duración e número de fillos/as ao cargo.

% Redución de xornada1 fillo/a2 fillos/as3 ou máis fillos/as
12,5% – 25%1.700€2.000€2.300€
25% – 37,5%2.800€3.100€3.400€
Máis do 37,5%3.100€3.400€3.700€

Aplica un coeficiente multiplicador de 2 por cada fillo/a nas seguintes situacións:

  • Ten discapacidade ≥ 33 %.
  • É unha familia monoparental.

Prazo

O prazo de solicitude está aberto ata o 24 de agosto de 2026.

Máis información

Consulta a ORDE do 9 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI440A).

Acceder ao procedemento de tramitación:

  • Código de procedemento SI440A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *