O programa “Talento Cooperativo” ten como finalidade mellorar a xestión e funcionamento das cooperativas galegas a través da incorporación temporal de persoas novas en prácticas xerenciais. A convocatoria busca seleccionar 4 persoas bolseiras, menores de 30 anos.
Durante este período, as bolseiras participarán nun proceso formativo e práctico, apoiando a mellora organizativa das entidades, ao tempo que adquiren experiencia profesional en tarefas propias da xerencia cooperativa. O programa busca así fortalecer o tecido cooperativo galego e fomentar a inserción laboral na economía social.
Beneficiarios
As entidades participantes no programa son cooperativas.
Requisitos adicionais:
- Seleccionar 4 persoas bolseiras, menores de 30 anos, con preferencia a mulleres, que estean en situación de desemprego e que teñan formación e cualificación en áreas de xestión de empresa para incorporarse realizando prácticas na xerencia e nun proxecto de apoio e mellora na entidade, durante 6 meses e 25 horas semanais.
Actividades subvencionables
- As Bolsas son un programa formativo (teórico e práctico), e as persoas bolseiras seguirán un Plan de Traballo establecido, de xerencia dunha empresa cooperativa, tendo como obxectivo final a elaboración dun proxecto de Plan de Mellora para a mesma.
- O proceso de traballo consiste na elaboración dunha diagnose interna da cooperativa, facendo un percorrido polas diferentes áreas da empresa: Organizativa e Lexislativa, Comercial e Mercadotecnia, Económico e Financeira, Planificación Estratéxica e Plan de Mellora.
- Titorización especializada de EspazoCoop que se encarga de realizar o seguimento e acompañamento dos traballos prácticos.
Contía
Cada persoa bolseira recibirá una retribución bruta mensual de 700,00 €, coa correspondente cotización á Seguridade Social.
Prazo das solicitudes
Ata o 31/08/2025.
Localidades das entidades beneficiarias
- Allariz (1 entidade/bolsa)
- As Neves (1 entidade/bolsa)
- A Pobra de Caramiñal (1 entidade/bolsa)
- Vigo (1 entidade/bolsa)
Máis información
Consulta as bases da convocatoria.
isita a web espazo.coop ou contacta o 986 866 149 – roberto@espazo.coop – de luns a venres de 9-14 h.
Acceder ao formulario.
Enviar o seu currículo á Unión de Cooperativas EspazoCoop, ao correo electrónico: roberto@espazo.coop
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.