XORNADA CREAMOS COOPERATIVAS | PROGRAMA +COOP 2025

A xornada “+COOP, creamos cooperativas” será o punto de encontro para persoas emprendedoras, cooperativas e profesionais que apostan polo modelo cooperativo como fórmula de emprendemento colectivo e sostible. No marco do programa +COOP 2024‑2025, esta cita servirá para compartir experiencias, visibilizar proxectos e reforzar a rede cooperativa galega.

O obxecto da xornada “+COOP, creamos cooperativas” é fomentar o emprendemento colectivo baixo a fórmula cooperativa, proporcionando un espazo de encontro e aprendizaxe onde se compartan experiencias, boas prácticas e recursos, co obxectivo de apoiar a creación e consolidación de cooperativas en Galicia.

Contidos

Nestas xornadas trataranse os seguintes aspectos:

  • Presentación de +COOP e programas complementarios de EspazoCoop
  • Liñas de axudas públicas para o emprendemento en cooperativa
  • Resultados do Programa +COOP
  • Actuación de Magia en la Manga, cortesía da cooperativa anfitrioa.
  • Faladoiro con cooperativas participantes en +COOP

Data

Será o 8 de xullo de 2025 de 10.00 a 15.00 h en Vigo.

Máis información

Visita a web ou contacta a través do correo electrónico: patane@espazo.coo

Acceder inscrición: formulario

Para calquera información a maiores ou se precisas axuda, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *