O obxecto desta axuda é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2025 as axudas dirixidas ás persoas titulares de autorizacións de transporte público interurbano de viaxeiros en vehículos de turismo (VT-N) domiciliadas en Galicia, coa finalidade de mellorar a calidade e intensidade do servizo de taxi en Galicia, afrontar o incremento dos custos (especialmente dos seguros) e fomentar a contratación laboral no sector.
Beneficiarios
Personas autónomas titulares dunha autorización de auto taxi (VT-N) e estean en activo no momento da solicitude.
Requisitos adicionais:
- Que a persoa contratada sexa distinta da titular da autorización
- Que estea contratada a xornada completa
- Que teña dedicación exclusiva.
- A contratación debe manterse durante un período mínimo de 12 meses.
Exclusións:
Quedan excluídas as persoas titulares de autorizacións de taxi que sexan persoas xurídicas ou teñan máis dunha persoa contratada como condutora no momento da solicitude.
Actividades subvencionables
É subvencionable a contratación laboral, a tempo completo e con dedicación exclusiva, dunha segunda persoa condutora para vehículos dedicados ao servizo de taxi.
Contía
A contía da axuda para a contratación dunha segunda persoa condutora é de 2.000 euros.
Prazo
Do día 5 de xuño ao 30 de setembro de 2025.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento IF401A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.