Navia 3D é unha empresa galega especializada en solucións de realidade virtual, aumentada e mixta. Coa súa plataforma de servizos de virtualización híbrida (SVH), desenvolven entornos interactivos 3D que combinan elementos reais e dixitais. Aplican esta tecnoloxía en sectores como a industria, con simulacións precisas, visualizacións fotorrealistas e experiencias inmersivas deseñadas para mellorar os procesos, reducir custos e facilitar a toma de decisións, descubre máis curiosidades a través do noso espazo Talento Local.
TALENTO LOCAL «NAVIA 3D»
Presentámosche a Navia 3D, un equipo que combina a innovación coa historia para dar unha nova vida ao patrimonio galego. A través de ferramentas dixitais avanzadas, traballamos para amosar como eran os nosos castros, igrexas e espazos históricos, achegando o pasado ao presente dunha forma accesible e impactante. Convidámoste a que vexas a súa entrevista no noso espazo de Talento Local para coñecer de cerca a súa profesión.
