AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS TAXI

Se es autónomo/a do taxi en Galicia xa podes solicitar a axuda para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (EUROTAXI), vehículos taxi de emisións CERO e vehículos taxi do tipo ECO.

A Xunta de Galicia convoca este programa de axudas para o ano 2025 destinadas á adquisición de vehículos taxi adaptados, de emisións CERO e do tipo ECO co fin de favorecer a non discriminación para o acceso e utilización de modos de transporte por parte das persoas con discapacidade.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas autónomas que conten cunha autorización administrativa de transporte vixente  en Galicia. Ademais, a persoa solicitante terá dereito a unha axuda por cada autorización da cal sexa titular, sempre que non tivese a condición de beneficiaria en convocatorias anteriores desde o ano 2019.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Será subvencionable a adquisición de novos vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) que estean adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida de acordo coas condicións do Real Decreto 1544/2007, do 23 de novembro.

Tamén serán subvencionables os novos vehículos de taxi de tipo cero emisións e eco (clasificados así pola Dirección Xeral de Tráfico).

En ambos casos, os vehículos deberán ser adquiridos dentro dos seguintes prazos:

  • No caso de vehículos taxi de cero emisións e eco, deberán adquirirse entre o 1 de maio de 2024 e a data establecida de xustificación da axuda (4 meses desde a notificación de concesión)  e,  en todo caso, antes do 31 de outubro de 2025.
  • No caso de vehículos adaptados (Eurotaxi), se son vehículos novos, estes deberán adquirirse con posterioridade á presentación da solicitude e a data establecida de xustificación da axuda (4 meses desde a notificación de concesión)  e,  en todo caso, antes do 31 de outubro de 2025. Pero ademais, tamén se poderá presentar unha solicitude de subvención polos vehículos que xa fosen adquiridos con anterioridade (en calquera momento), sempre que estean adscritos a unha autorización VT-N no momento da solicitude e se manteña a titularidade e o seu destino efectivo á actividade de taxi durante, polo menos, 5 anos.

Exclusións

En ningún dos casos se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man nin os adquiridos a través dun contrato de renting.

CONTÍA

A contía máxima das subvencións por vehículo é a seguinte:

  • 10.000 euros para vehículos taxi adaptados (Eurotaxi).
  • 4.000 euros para vehículos taxi de cero emisións.
  • 1.000 euros para vehículos taxis eco.

Axudas suxeitas ao réxime de minimis (unha mesma empresa non poderá obter máis de 300.000 € en subvencións nos tres anos previos).

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes rematará, en xeral, o 14 de outubro de 2025. Non obstante, as axudas concederanse por orde de presentación ata o esgotamento do crédito.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a ORDE do 22 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2025 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF303A).

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IF303A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *