A Xunta de Galicia, a través da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), co obxectivo de fomentar a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares, convoca estas axudas en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas culturais privadas dedicadas á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.
PERSOAS BENEFICIARIAS
As persoas físicas, traballadoras autónomas, ou xurídicas sempre que:
- Estean constituídas como produtoras audiovisuais independentes.
- Leven dadas de altas cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1.
- Conten cun centro de traballo ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, en Galicia ou nun estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a área Económica Europea.
Condicións das persoas beneficiarias:
As empresas produtoras que soliciten participar nesta convocatoria determinarán o tipo de actividade que van desenvolver, cuxa denominación virá dada pola porcentaxe de propiedade industrial que teñan sobre a produción audiovisual.
A solicitante ou, de ser o caso, a persoa responsable da produción executiva deberá producir nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria un mínimo dunha obra previa que coincida con algunha das condicións que se describen:
- Longametraxe cinematográfica estreada en salas comerciais nacionais cun mínimo de 20.000 espectadores e con distribución internacional nun mínimo de dous países.
- Serie ou miniserie de ficción para TV ou plataforma dun mínimo de 150 minutos que fosen emitidas nun mínimo de dous países, ademais de en España.
- Longametraxe cinematográfica de ficción en réxime de coprodución internacional.
- longametraxe cinematográfica ou serie ou miniserie de ficción, que tivese un orzamento de produción de máis de 800.000 €.
Unha mesma persoa solicitante, ou as súas empresas vinculadas, poderán obter unha subvención por un máximo de dous proxectos ao abeiro desta convocatoria.
PROXECTOS SUBVENCIONABLES. MODALIDADES E REQUISITOS
Poderán presentarse propostas de produción audiovisual que teñan como destino principal a exhibición cinematográfica comercial ou a emisión en canles de televisión ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda con implantación xeográfica nacional e internacional e se poidan encadrar nas seguintes modalidades:
- Longametraxes de ficción que teñan un mínimo de 60 minutos de duración.
- Series de ficción cunha duración mínima de experiencia do espectador de 150 minutos que se correspondan cunha primeira ou segunda tempada.
Deberán dispoñer dun financiamento mínimo do 60 % do custo total da produción audiovisual acreditada convenientemente no momento de presentar a solicitude ou acreditar ter asinado un acordo para realizar os servizos de produción.
O orzamento do proxecto subvencionable deberá considerar un importe mínimo de 1.500.000 €. Cando a entidade solicitante acredite actividade en Galicia no caso das longametraxes, será de 1.000.000 euros, e de 1.300.000 €, cando se trate dunha serie de ficción.
O orzamento do proxecto subvencionable deberá considerar un gasto mínimo en concepto de gastos de persoal subvencionables do 40 %.
A proposta de produción audiovisual deberá prever unha duración mínima de rodaxe efectiva en Galicia de catro semanas.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Considéranse gastos subvencionables aqueles que se realicen en Galicia, que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para a execución do proxecto subvencionado, sempre que fose executado e pagado entre a data da presentación da solicitude e o 30 de setembro de 2025.
Serán subencionables os custos de persoal subvencionables tanto os custos brutos de emprego do persoal efectuados directamente pola persoa beneficiaria da subvención, como os custos derivados de contratos de servizos prestados por persoal externo sempre que os devanditos custos poidan identificarse claramente. Neste apartado inclúese:
- Guión e música.
- Persoal artístico (sempre que non superen os 50.000 € en concepto de remuneración salarial).
- Persoal técnico e administrativo.
Poderase considerar custo subvencionable a remuneración da persoa que exerza a produción executiva en Galicia ata un 5 % do orzamento subvencionable do proxecto presentado e cun límite de 50.000 euros.
Un mesmo profesional non poderá xerar custo subvencionable por máis de dúas funcións dentro da produción.
Outros gastos subvencionables, distintos dos gastos de persoal:
- Escenografía: construción, montaxe, derriba de decorados, alugamento, etc.
- Estudos de rodaxe, sonorización e produción.
- Gastos relativos á produción: copias do guión, fotocopias en rodaxe, limpeza, caravanas, etc.
- Maquinaria de rodaxe e transportes: cámaras, material de iluminación, plafatormas elevadoras, etc.
- Desprazamento, aloxamento e manutención durante o período de rodaxe.
- Soportes de posprodución: películas virxes en negativo, positivo, magnético, etc.
- Laboratorio: o relevado e o positivado.
- Seguros: necesarios para a produción audiovisual.
- Custos indirectos: alugamento de oficina, mensaxaría, subministracións de servizos básicos e comunicacións.
- Publicidade e promoción: se a persoa beneficiaria da subvención posúe un 20 % dos dereitos da propiedade industrial da obra. Este concepto inclúe a elaboración do tráiler.
CONTÍA DAS AXUDAS
As contías máximas de axuda que pode recibir un proxecto son as seguintes:
Empresa | Tipo de proxecto | Importe mín. Proxecto subvencionable | Actividade | Intensidade de axuda | Contía máxima |
Empresa que acredita actividade en GALICIA | Longametraxe | 1.000.000 € | Coprodución | 25 % | 300.000 € |
Servizo de produción | 18 % | ||||
Serie | 1.300.000 € | Coprodución | 25 % | ||
Servizo de produción | 18 % | ||||
Outras empresas produtoras | Longametraxe ou serie | 1.500.000 € | Coprodución ou servizo de produción | 15 % |
INCOMPATIBILIDADES
Estas subvencións son incompatibles con outras axudas para o mesmo proxecto de calquera departamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pero son compatibles coas axudas doutras administracións públicas e entidades públicas.
PRAZO DE SOLICITUDE
Desde o 27 de xuño ata o 2 de decembro de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: CT207G
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.