A Xunta de Galicia convoca estas subvencións, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico, co obxectivo de impulsar a economía circular en empresas turísticas que desenvolvan actuacións de eficiencia enerxética e economía circular, reducindo así a súa pegada de carbono.
PERSOAS BENEFICIARIAS
persoas físicas e xurídicas que estean dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria e que sexan titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración.
En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
- Os establecementos hoteleiros, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos.
- As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares).
Requisitos:
- Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención.
- Poderán ser beneficiarias as pemes e grandes empresas que proxecten levar a cabo un proxecto localizado en Galicia.
- Deberán acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxectos da actuación ou calquera outro dereito que autorice a persoa beneficiaria á relalización do investimento subvencionado e que permita a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista.
- Os requisitos para ser persoa beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa beneficiaria da subvención, por cambio na titularidade do establecemento, terá que ser previamente autorizados pola Administración concedente.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- Aquelas que respondan á natureza da actividade subvencionable e se realicen no prazo establecido nestas bases.
- Pódense diferenciar as seguintes tipoloxías de proxectos subvencionables:
Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica
- Obxectivo: reducir a demanda enerxética en calefacción e climatización dos edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico.
- O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000 €.
Mellora da eficiencia enerxética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas, reguladas polo RITE.
Substitución de enerxía convencional por enerxía térmica
- Obxectivo: reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante o uso da enerxía solar térmica para a produción de auga quente sanitaria, calefacción, refrixeración ou climatización de piscinas.
- O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 10.000 €.
Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica
- Obxectivo: reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico mediante o uso da enerxía xeotérmica para un ou varios dos seguintes usos: calefacción, climatización, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas.
- O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000 €.
Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas
- Obxectivo: reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecementos turístico, mediante o uso de biomasa como combustible para calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas.
- O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000 €. No caso de redes de calor, serán subvencionables os proxectos que supoñan un custo elixible superior a 100.000 €.
Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas anteriores
- Obxectivo: reducir o consumo de enerxía das instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecementos turístico, mediante actuacións no sistema de xeración térmica non incluídas nos puntos B1 a B3.
- O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000 €.
Instalacións fotovoltaicas para autoconsumo
- Obxectivo: reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante o uso da enerxía solar fotovoltaica para a produción de electricidade.
- O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000 €.
Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
- Obxectivo: reducir o consumo de enerxía das instalacións de iluminación de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico.
- O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 5.000 €.
Renovación de electrodomésticos
- Obxectivo: reducir o consumo eléctrico debido aos electrodomésticos e armarios de conservación profesionais utilizados nos inmobles de uso turístico.
- O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 5.000 €.
Sistemas de automatización e control
- Obxectivo: reducir o consumo enerxético do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, mediante a instalación a xestión dun sistema de automatización e control global das instalacións consumidoras e/ou produtoras de enerxía, así como outros actuacións nos equipamentos dos subsistemas de xeración, distribución, regulación e emisión.
- O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000 €.
Instalacións fotovolcaicas para autoconsumo
- Obxectivo: reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante o uso da enerxía solar fotovoltaica para a produción de electricidade.
Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
- Obxectivo: reducir o consumo de enerxía das instalacións de iluminación de edificios completos, locais ou partes do edificio destinada a establecemento turístico.
Renovación de electrodomésticos
- Obxectivo: reducir o consumo eléctrico debido aos electrodomésticos e armarios de conservación profesionais utilizados nos inmobles do uso turísticos.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Os honorarios profesionais satisfeitos para a elaboración, polo/a técnico/a competente dos certificados de eficiencia enerxética previstos no Real decreto 235/2013, do 5 de abril, cando estes sexan esixidos.
- Os custos de xestión de solicitude da axuda.
- Os custos da redacción dos proxectos técnicos relacionados coa tipoloxía de actuación obxecto da axuda.
- Os custos da dirección facultativa das actuacións.
- Os custo de execución das obras e/ou instalacións.
- O investimento en equipamentos e materiais efectuado.
- Os custos de redacción de informes e demais documentación requirida para a solicitude e xustificación destas axudas.
- Os custos de xestión da xustificación da realización das actuacións.
- O informe xustificativo que acredite a adecuada realización das actuacións obxecto da axuda, emitido por un organismo de control ou entidade de control.
- Cando sexa necesario retirar aqueles produtos de construción que conteñan amianto, a retirada deberá realizarse conforme o establecido polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, por unha empresa legalmente autorizada.
- Os custos para implantar as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir os criterios da “Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente”.
Os gastos subvencionables deberán ser realizados e pagados entre a data de presentación da solicitude de axuda e o 30 de abril de 2025.
CONTÍA
A intensidade da axuda será ata un 70 % do custo total subvencionable do proxecto.
Poderán optar a unha axuda dun 10 % adicional aqueles proxectos que acrediten un aforro de enerxía primaria non renovable dun 20 %, sen que o total da axuda poida exceder do 80 % do custo total subvencionable.
Poderán optar a unha axuda dun 20 % adicional aqueles proxectos que acrediten un aforro de enerxía primaria non renovable dun 30 %, sen que o total da axuda poida exceder do 90 % do custo total subvencionable.
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis.
INCOMPATIBILIDADES
Será incompatible a solicitude de axudas de establecementos turísticos que resulten beneficiarios ao abeiro da convocatoria de eficiencia enerxética a empresas turísticas (TU986B) do ano 2022.
PRAZO DE SOLICITUDE
Ata o 14 de novembro de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: TU986B
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.