Experiencia Grow Up é unha rede que reúnen profesionais dos negocios dixitais, do marketing e a tecnoloxía, co obxectivo de ensinar e compartir as súas experiencias.
Nesta terceira Experiencia Grow Up, un evento organizado en Vigo e no que poderás participara gratuitamente en streaming, aprenderás a levar o teu negocio ao seguinte nivel, impulsando a túa empresa cara a dixitalización e a internacionalización.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
- Profesionais do marketing e do crecemento empresarial.
QUE TEMAS SE VAN TRATAR?
O obxectivo é que os empresarios se manteñan á vangarda no cambiante mundo do marketing. Os asistentes poderán coñecer casos de éxito de crecemento empresarial presentados polos líderes de empresas tan punteiras como Google, ClickAge, Raiola Networks, Bizum ou Casa Grande de Xanceda.
Ao finalizar a charla levarase a cabo un networking no que os participantes terán a oportunidade de interactuar entre eles e cos conferenciantes.
RELATORES
Coñece aos líderes empresariais que participarán nesta edición expoñendo as súas experiencias:
- Emanuele Ricciotti, CEO en ClickAge
- Sergio Ramírez, de Raiola Networks
- Diego Ruiz, responsable de desenvolvemento de negocio en Google
- Lorena Poza Díaz, responsable de Comunicación e márketing en Bizum
- Sara Torreiro, de Casa grande de Xanceda
- Jorge Bialade, de Velca
- Lucas González, cofundador de Fresh Greens
- Angélica Falagán, directora de Espaço Guimaraes
- Silvia Martí Ferrer, directora de marketing en Easypromos
DATA E LUGAR
28 de xuño de 2024, ás 9.00 h.
O evento terá lugar na Sede de Zona Franca, na rúa do Areal nº 46, en Vigo.
Posibilidade de asistir de forma presencial (só 120 entradas ) ou a través de streaming.
PREZO
As entradas presenciais, que inclúen tamén a posibilidade de participar no catering e no networking posterior aos relatorios, teñen un prezo de 15 euros.
A inscrición para seguir a xornada de xeito online é gratuíta.
MÁIS INFORMACIÓN
Apúntate ao evento e obtén máis información na páxina web Experiencia Grow Up.