A Xunta de Galicia acaba de publicar esta convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a posta en marcha de casas do maior nos anos 2024 e 2025 en concellos rurais, coa que se pretende contribuír e mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 60 anos en situación de dependencia de grao I e sen dependencia.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar en posesión, da formación ou experiencia seguintes:
- Grao en Medicina.
- Grao en Enfermaría.
- Título de técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría.
- Título de técnico de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
- Título de técnico superior en Integración Social.
- Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
- Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou o equivalente Certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio ou calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
- Diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior. O curso terá unha duración de 30 horas e será impartido pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.
- Habilitación para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia.
- Residir en concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, nos cales se promova o establecemento da casa do maior, ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha do proxecto.
- Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade.
- Acreditar unha revisión médica anual da persoa promotora ou da/das persoa/as socia/s que desenvolvan o proxecto, no caso de cooperativa de traballo asociado.
- Dispoñer dun certificado de manipulador de alimentos.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
- Serán subvencionables os gastos para a prestación da atención individualizada dos maiores de 60 anos, en situación de dependencia grao I, e das persoas sen dependencia.
- Os gastos destinados á adaptación e/ou obras de reforma do inmoble destinada a servir de casa do maior, así como o seu equipamento e dotación material. O mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos poderán ser de segunda man, sempre que estean en perfecto estado de uso e conste unha declaración de quen os vende sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e que o prezo non sexa superior ao valor de mercado e ao custo dos bens novos similares; acreditaranse estes requisitos do prezo mediante certificación de taxación independente.
- En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
- Os gastos periciais para a realización do proxecto serán subvencionables se están directamente relacionados coa actividade e son indispensables para a súa adecuada preparación ou execución.
Estes gastos deben estar pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido para o ano 2023.
CONTÍA DAS AXUDAS
- As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100% dos gastos cun límite máximo global por casa do maior de 15.000 €.
- Achega económica de 24.800 €/ano en concepto de gastos polo desenvolvemento das actividades do proxecto.
- Adicionalmente, no caso de que as persoas promotoras da casa do maior opten por asumir o desprazamento das persoas usuarias, percibirán un máximo de 10 € por persoa e día.
- Nos casos de baixa por maternidade ou permiso de paternidade da persoa encargada do desenvolvemento da actividade aboarase un complemento da prima de 150 € semanais
CRITERIOS DE VALORACIÓN
A Comisión de Valoración examinará as solicitudes outorgando un máximo de 60 puntos conforme os seguintes criterios:
- Darase preferencia para a posta en marcha de casas do maior naqueles concellos de Galicia en que non exista ningún outro recurso común de atención ás persoas maiores:
- Onde non haxa ningún recurso: 25 ptos.
- Onde haxa un recurso común de atención ás persoas maiores: 10 ptos.
- Polo número de persoas residentes no concello maiores de 60 anos: ata 15 ptos.:
- Ata 50 persoas maiores de 60 anos: 7 ptos.
- Máis de 50 persoas maiores de 60 anos: 15 ptos.
- Contribución á integración laboral das persoas en situación de especial protección:
- Persoas paradas de longa duración: 5 ptos.
- Persoas menos de 35 anos: 5 ptos.
- Persoas de 55 ou máis anos: 5 ptos.
- Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %: 5 ptos.
- Mulleres vítimas de violencia de xénero: 5 ptos.
PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES
Ata o 24 de xuño de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: BS212A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.