IV PREMIO CÁMARA DE COMERCIO-ENCE Á INNOVACIÓN FORESTAL

Participa na IV edición do Premio á innovación forestal co teu proxecto empresarial en busca da mellora do medio ambiente que convoca a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

O obxectivo desta convocatoria é potenciar e visibilizar aquelas iniciativas empresariais que acheguen solucións innovadoras en materia económica, social e medioambiental. Valorarase especialmente que os proxectos propoñan solucións, modelos de xestión, produtos e/ou servizos que se caractericen pola sostibilidade do sector forestal

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Calquera persoa física ou xurídica que conte cun proxecto innovador no sector forestal referido a  procesos, produtos ou servizos que supoña nunha creación de valor.

O proxecto pode estar en desenvolvemento ou corresponder a unha empresa existente, sempre que o proxecto se iniciara dentro dos últimos 24 meses dende a data de publicación da convocatoria.

Os proxectos en desenvolvemento deben comezar a súa actividade nos 12 meses seguintes posteriores á convocatoria.

Todos os proxectos deben estar realizados en Galicia.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Orixinalidade e Carácter DistintivoAta 10 puntos.
Aspectos EconómicosAta 10 puntos.
Aspectos AmbientaisAta 10 puntos.
Aspectos SociaisAta 10 puntos.
Escalabilidade e SustentabilidadeAta 20 puntos.
Valor Comunicacional e potencial da difusión da innovaciónAta 10 puntos.
Total70 puntos

PREMIOS

  • Galardón á mellor iniciativa empresarial: 5.000 €
  • Accésit:  2.000 €.

Ademais tamén haberá premio e accésit ao mellor traballo de investigación de posgrao (de 2.000 euros e 1.000 euros, respectivamente).

PRAZO

As candidaturas poderán presentarse ata o 3 de xuño, ás 14.30 h.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta as bases completas do IV Premio á Innovación Forestal.

Poderás obter máis información na seguinte páxina web.Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE) chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *