SUBVENCIÓNS ÁS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCIÓN PARA INDUSTRIAS CULTURAIS

Se formas parte do sector cultural galego como creador, produtor ou formas parte dunha compañía, xa podes solicitar as subvencións para a produción e distribución de espectáculos e artes escénicas ou musicais, co fin de ampliar o alcance e distribución dos teus proxectos, principalmente fóra de Galicia.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convoca estas axudas, de concorrencia non competitiva, para fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e promover tamén a distribución no exterior de bens e servizos culturais producidos por compañías, grupos profesionais e empresas vinculadas ás artes escénicas e/ou musicais.  Esta subvención comprende as seguintes modalidades:

  1. Artes escénicas
  2. Música

BENEFICIARIOS

  • Persoas autónomas e persoas xurídicas privadas
  • Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda sen personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención.

Requisitos

  • Que se dediquen  profesionalmente á actividades de produción e distribución de espectáculos e artes escénicas ou musicais.
  • Que desenvolvan maioritariamente a súa actividade en Galicia
  • Que teñan domicilio ou sucursal en Galicia ou non territorio da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo.

Non poderán ser beneficiarias desta convocatoria as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

MODALIDADES E PROXECTOS SUBVENCIONABLES

Artes escénicas

A.1. Subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia

Para empresas que presenten un proxecto de distribución  a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de catro funcións en tres espazos escénicos distintos como mínimo e en ningún caso máis de catro no mesmo espazo escénico.

A.2. Subvencións para a representación de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia

Para empresas que presenten un proxecto exhibición de espectáculos en feiras ou festivais do sector das artes escénicas celebrados fóra de Galicia.

A.3. Subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia.

Para empresas que presenten un proxecto consistente na asistencia das empresas solicitantes ás feiras e mercados que se celebren fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para dar visibilidade aos proxectos que representan. Non se subvencionarán máis de dúas persoas por entidade solicitante e evento.

A.4. Subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.

Para empresas que presenten un proxecto de distribución de espectáculos de artes escénicas pola CCAA de Galicia, cos seguintes requisitos:

  • En espazos de titularidade pública, excluídos os espazos adheridos á Rede galega de teatros e auditorios, o número mínimo por proxecto será de cinco representacións e, en ningún caso, o mesmo espazo poderá acoller máis de tres representacións.
  • En espazos de titularidade privada só se poderán considerar dúas representacións.

Todas as representacións que conformen o proxecto terán que ter contraprestación económica, sexa mediante caché ou billeteira.

Música

B.1 Subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia.

Para empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de catro concertos en tres espazos distintos, como mínimo, e en ningún caso máis de catro concertos no mesmo espazo.

B.2.  Subvencións para as representacións musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade as empresas que presenten un proxecto de exhibición de concertos en feiras ou festivais do sector da música que se celebren fóra de Galicia

B.3. Subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia.

Empresas que presenten un proxecto consistente na asistencia das empresas solicitantes ás feiras e mercados que se celebren fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para dar visibilidade aos proxectos que representan. Non se subvencionarán máis de dúas persoas por entidade solicitante e evento.

Todas as actividades para as que se solicita a subvención deberán desenvolverse entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Para as modalidades A.1/A.2/A.3 e B.1./B.2/B.3:

a) Gastos de transporte e desprazamento de todo o equipo artístico e técnico, excluíndo desprazamentos dentro da cidade. No caso de representacións en distintas cidades dentro do mesmo plan de distribución, serían xustificables os do día de desprazamento entre unha cidade e outra.

ConceptoImportes máximos
Gastos de aviónEspaña e Portugal200 €/persoa
Resto de Europa300 €/persoa
Resto do mundo700 €/persoa
Gastos autobús/tren/peaxes autoestradas/alugamento vehículos/combustibleEspaña e Portugal70 €/persoa
Resto de Europa90 €/persoa
Resto do mundo100 €/persoa
Transporte de materiaisEspaña e Portugal400 €
Resto de Europa600 €
Resto do mundo800 €
Visado100 %

b) Gastos de aloxamento e manutención:

ConceptoImportes máximos
Gastos de manutenciónEspaña e Portugal45 €/persoa
Resto de Europa60 €/persoa
Resto do mundo60 €/persoa
Gastos de aloxamentoEspaña e Portugal70 €/persoa
Resto de Europa80 €/persoa
Resto do mundo90 €/persoa

Para as modalidades A.2. e B.2. tamén serán subvencionables os gastos de servizos profesionais: custos de persoal, artístico e técnico, necesarios para a representación. Estes non poderán supoñer máis do 60 % do caché declarado pola entidade solicitante para o espectáculo obxecto da subvención na Rede galega de teatros e auditorios (RGTA).

Para as modalidades A.3 e B.3: serán subvencionables os dereitos ou cotas de asistencia e inscrición (dúas persoas máximo por feira ou festival) así como o alugamento do espazo para a promoción.

O importe máximo que se poderá considerar como imputable ao proxecto en concepto de gastos xerais é o 25 % do custo total do proxecto.

Os gastos subvencionables deben estar realizados e pagados dentro do período do 1 de novembro de 2023 ata o 31 de outubro de 2024.

A subcontratación nunca poderá superar o 20 % do importe total da subvención outorgada

Non serán subvencionables:

  1. Gastos administrativos ou de mantemento formal de empresas, como gastos de xestorías, notarías ou similares.
  2. Honorarios profesionais e similares derivados da realización de representacións vinculados ao proxecto, agás os considerados artísticos ou técnicos.
  3. Gastos correspondentes á elaboración de materiais de difusión vinculados ao proxecto.

CONTÍAS MÁXIMAS DA SUBVENCIÓN

Poderán presentar solicitudes para máis dunha modalidade sen superar unha contía máxima de 15.000 euros.

Unha mesma compañía, artista ou grupo só poderá ser presentado por unha persoa solicitante.

PRAZO DE SOLICITUDE:

Do 2 de maio ata o 2 de outubro de 2024.

As axudas concederanse por orde de presentación da solicitude (coa documentación completa) ata o esgotamento de crédito.

MÁIS INFORMACIÓN

Consultar as bases de subvenciónsás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2024.

Código de procedemento: CT402C

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co Servizo de Asesoramento da Mancomunidade, chamando ao teléfono 986 423 366.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *