REAVAL CRECEMENTO E REAVAL GARANTÍA – PRÉSTAMOS AVALADOS PARA AS PEMES 2024

Se tes unha peme e precisas financiamento para a realización de investimento ou para circulante, xa podes optar á convocatoria de préstamos avalados do IGAPE para facilitar o acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas galegas.

Co obxectivo de favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural, as empresas galegas poderán formalizar préstamos acollidos ao convenio IGAPE-PEMES a través das Sociedades de Garantía Recíproca colaboradoras (SOGARPO e AFIGAL), e solicitar ao IGAPE a bonificación do tipo de xuro que aplique a entidade de crédito adherida do aval da SGR.

A convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, conta coas seguintes liñas:

Préstamos para o crecemento das Pemes (Reaval Crecemento):

  • O importe do préstamo que se vaia avalar será igual ou superior a 3.000 € e igual ou inferior a 1.000.000 €.
  • O prazo mínimo do préstamo que se vaia avalar será de 3 anos e non superior a 15 anos (incluída unha carencia dun máximo de 2 anos).

Garantías ante terceiros vinculadas a operación de tráfico ou avais técnicos (Reaval Garantías):

  • O importe da liña de financiamento que se vaia avalar será igual ou superior a 3.000 € e igual ou inferior a 1.000.000 €.
  • O prazo mínimo do préstamo que se vaia avalar será de 3 anos e non superior a 15 anos (sen posibilidade de prórroga na vixencia).

PERSOAS BENEFICIARIAS

As Pemes que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que realicen a iniciativa empresarial financiada nun centro de traballo de Galicia.
  • Que cumpran os requisitos e condicións establecidos no anexo I.

As Pemes poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

No caso de agrupacións deberán facerse constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante con poder suficiente para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle correspondan á agrupación.

No caso das cooperativas, o préstamos poderá estar asinado por un representante da entidade ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

ACTIVIDADES INCENTIVABLES

Considéranse atendibles todas as actividades, excepto:

  • A fabricación de armamento, armas e municións, as instalación ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas.
  • Os xogos de azar coas instalacións conexas.
  • A produción, transformación ou distribución de tabaco.
  • As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só poida ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
  • As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
  • As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

AXUDAS

Liña Reaval Crecemento

  • O Igape poderá subvencionar a fondo perdido ata un importe equivalente a 1,90 ptos. porcentuais de xuros dos 3 primeiros anos de vixencia dos préstamos concedidos, sen que o importe resultante poida exceder o montante total dos xuros xirados pola entidade de crédito para o referido período dos 3 primeiros anos da operación.
  • O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a 1,25 ptos. porcentuais da comisión de aval dos 3 primeiros anos de vixencia dos préstamos avalados concedidos.
  • O Igape poderá reavalar ata un máximo do 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas.

Liña Reaval Garantías

  • O Igape bonificará as comisión do aval da SGR e da entidade de crédito nos termos indicados.
  • O Igape poderá subvencionar a fondo perdido ata un importe equivalente a 1,25 ptos. porcentuais da comisión de aval dos 3 primeiros anos de vixencia dos avais concedidos.
  • O Igape poderá reavalar ata o 25 % do risco asumido polas SGR como avalistas.

A subvención que sexa concedida será determinada no momento da concesión e ingresada á persoa beneficiaria dunha soa vez na conta bancaria que esta designe.

Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024 pola que se dápublicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoioao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamentoIgape-pemes), e se procede ásúa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IG535A

Descarga a ficha resumo das axudas e infografía.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *