AXUDAS DO PROGRAMA FEMPA

Anúnciase o lanzamento das axudas autonómicas para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Estas axudas están deseñadas para fomentar o desenvolvemento empresarial, a innovación e o crecemento económico na nosa rexión. O noso territorio queda encadrado no GALP Ría de Vigo A Guarda

BENEFICIARIOS

Pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas.

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro:

a) Confrarías de pescadores e as súas federacións.

b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións.

c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.

d) Entidades públicas locais.

e) Asociacións declaradas de utilidade pública.

f) Entidades sen ánimo de lucro.

OBXECTIVOS DOS PROXECTOS SUBVENCIONABLES

Os proxectos e actuacións subvencionables deberán acadar algún dos seguintes obxectivos:

  1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
  2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
  3. Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
  4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
  5. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • As accións e proxectos previstos débense corresponder con accións subvencionables, segundo o disposto no Regulamento (UE) 2021/1139, a súa normativa de aplicación e desenvolvemento, e no programa do FEMPA. 
  • Aqueles asumidos polo perceptor da subvención.
  • Os custos relativos ás garantías constituídas de acordo co artigo 65 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Os custos de persoal contratado especificamente para a execución das actividades do proxecto. 
  • investimentos en centros sociais, así como o seu acondicionamento e equipamento, a contía máxima de axuda por cada proxecto que supoña un investimento en creación, reforma ou ampliación dun local social non poderá exceder os 80.000 euros.
  • No caso de elementos de transporte terrestre,exclusivamente aqueles que conten con distintivo ambiental etiqueta 0 emisións, azul (eléctricos de batería (BEV), eléctricos de autonomía estendida (REEV), eléctricos híbridos enchufables (PHEV) ou etiqueta eco: vehículos híbridos, gas ou ambos.
  • Os investimentos para os cales se solicita a axuda non se poderán iniciar antes da data de presentación da solicitude da axuda, nin antes da realización da acta de non inicio (ANI), agás o informe de técnico competente relativo á protección fronte ao cambio climático no caso de infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco anos, que poderá ser de ata un ano anterior á data límite de solicitude.
  • Os bens deberán ser adquiridos polo/a beneficiario/a en propiedade. Serán subvencionables os gastos en arrendamentos financeiros con opción de compra de activos subvencionables.
  • En infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de 5 anos, asegurarase a protección ou defensa fronte ao cambio climático dos investimentos. Isto aplícase a novas infraestruturas, así como á renovación, mellora ou ampliación das existentes que sexan apoiadas polo FEMPA.
  • Unicamente as persoas xurídicas sen ánimo de lucro poderán subcontratar totalmente a execución dos proxectos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 29 de febreiro de 2024.

Máis información

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024, tramitada como anticipado de gasto.

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/nova-orde-de-axudas-programa-fempa-galp-ria-de-vigo-a-guarda 

Código de procedemento: PE155A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *