O obxectivo destas axudas é facilitar a contratación por conta allea de persoas desempregadas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, así como favorecer a realización de accións formativas no centro de traballo que melloren os coñecementos e habilidades das persoas contratadas a través desta liña.
BENEFICIARIOS
- Empresas, de calquera forma xurídica, e autónomos que contraten persoas traballadoras por conta allea para presta servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
- Os centros especiais de emprego, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.
As empresas de 50 ou máis traballadores deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade establecidas, para poder ser beneficiarias.
Non poderán obter a condición de beneficiarias:
- As administracións públicas, as sociedades públicas, e as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
- As persoas ou entidades nas que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- As empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.
- As persoas solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios da aplicación dos programas de emprego.
- No caso de que a entidade solicitante sexa unha institución sen ánimo de lucro, a xustificación de non estar incursas na prohibición contida no número 3.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
Liña de incentivos á contratación por conta allea
- Incentivos á contratación indefinida inicial.
- Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial e completo.
- Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-discontinuos a un mínimo de 9 meses.
- Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
Liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo
- Subvencións para accións formativas que melloren os coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo.
CONTÍAS DAS AXUDAS
Liña de incentivos á contratación por conta allea
- Para as contratacións indefinidas iniciais:
- Persoa moza: 6.000 €
- Persoa parada de longa duración: 9.000 €
- Persoa de 52 anos ou máis: 9.000 €
- Persoa emigrante retornada ou estranxeira: 9.000 €
- Muller: 10.000 €
- Persoa con discapacidade ou en risco ou situación social: 14.000 € (se o contrato é a tempo parcial a contía será proporcional ao tempo de traballo).
As contías anteriores incrementaranse nun 15% nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
- No suposto de que o centro de traballo estea situado nun concello rural.
- Se a persoa contratada é maior de 45 anos (incremento NON aplicable na letra c do punto anterior).
- Se a persoa contratada é muller (incremento NON aplicable na letra e do punto anterior).
- Persoas trans.
- Mulleres en profesións e oficios nos que as mulleres estean subrepresentadas.
A contía máxima posible que se subvencionará por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 24.500 €
- Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais:
Axuda de 2.000 €. Se o incremento de xornada se realiza con persoas con discapacidade o incentivo será de 3.000 €.
- Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa:
Axuda de 4.000 €.
- Adaptación dos postos de traballo ou dotación de equipamentos de protección persoal:
Axuda de 1.000€
Liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo
4.000 € por persoa traballadora con contrato indefinido.
PRAZO
As solicitudes de axuda pódense presentar dende o 26 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2024 (non obstante, deberase ter en conta as axudas concederanse por orde de presentación das solicitudes que inclúan a documentación completa, ata o esgotamento de crédito).
INCOMPATIBILIDADES
As axudas establecidas nesta orde serán compatibles con outras axudas para distinta finalidade da Unión Europea, sen que poidan superar o custo da actividade subvencionada.
INFORMACION ADICIONAL A TER EN CONTA
Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.
No caso de concesión da axuda, a empresa ten a obriga de manter a persoa traballadora obxecto de subvención durante un período mínimo de TRINTA E SEIS meses contados desde a data de realización da contratación, do incremento de xornada, da duración anual do contrato fixo-descontinuo ou da adaptación de postos.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: TR342C
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.