AMPLIADOS OS PRAZOS DAS AXUDAS KIT DIXITAL PARA PERSOAS AUTÓNOMAS E EMPRESAS

Amplíase o prazo das axudas destinadas á dixitalización de empresas incluidas no Bono Kit Dixital por parte do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

O Bono kit dixital é un programa do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dirixido a pymes e autónomos para acompañalos no seu proceso de transformación dixital  para que grazas á tecnoloxía poidan evolucionar e mellorar no seu negocio.

Baséase na concesión de bonos de axudas económicas que permitan acceder a un gran catálogo de solucións dixitais e a axentes dixitalizadores que ofrecen estes servizos, tendo que escoller aqueles que mellor se adapten a cada empresa: 

Obxectivo

  • Sitio web.
  • Comercio electrónico. 
  • Xestión de redes sociais. 
  • Xestión de clientes e /ou provedores. 
  • Intelixencia empresarial e analítica.
  • Servizos e ferramentas de oficinas virtuais. 
  • Xestión de procesos. 
  • Factura electrónica. 
  • Comunicacións seguras.
  • Ciberseguridade online.

Na actualidade o catálogo de axentes dixitalizadores está composto por máis de 9.000 axentes adheridos.Podes consultar  o catálogo de axentes dixitalizadores e as solucións que xestiona cada un premendo aquí

Importe / Contía

En principio, estes negocios poderán optar a bonos de entre 25.000€ e 29.000€ para dixitalizar os seus proxectos a través das 12 solucións dixitais disponibles.

Cada un destes cheques dependerá do segmento no que está incluído o beneficiario.

As subvencións de Kit Dixital van incrementando conforme máis empregados ten un autónomo. Deste modo, un traballador por conta propia cun só empregado percibirá un bono de 2.000 euros, mentres que unha empresa con 11 traballadores cobrará un cheque de 12.000 euros.

As contías que establece o programa para cada un dos segmentos son:

  • Para empresas de 10 a menos de 50 empregados (Segmento I): Estas empresas percibirán un bono de 12.000 euros que poderán invertir nalgunha das distintas ferramentas disponibles no catálogo.
  • Para empresas de 3 a menos de 10 empregados (Segmento II): Estes negocios percibirán un cheque de 6.000 euros que poderán gastar nalgunha das doce solucións disponibles.
  • Para empresas de 0 a menos de 3 empregados (Segmento III): Os autónomos sen empregados ou negocios con menos de 3 traballadores percibirán un bono de 2.000 euros para gastar nalgunha das ferramentas de dixitalización.
  • Para comunidades de bens, sociedades civís e explotacións agrarias de 0 a menos de 50 empregados, destinouse un orzamento inicial de 100 millóns de euros. Neste caso este tipo de empresas poden acceder ó Bono Dixital desde o 12 de setembro de 2023.

Prazo 

Modifícase o prazo para solicitar as axudas, quedando ampliado ata o 31/12/2024 ás 11:00 horas.

Máis Información

As empresas rexistraranse na área privada e completarán o test de diagnóstico dixital.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *