Convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización.
Diferéncianse dúas liñas de actuacións:
- Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (liña 1-Deseñapeme): procesos destinados á resolución de problemas e exploración de oportunidades, pode incluír innovacións non tecnolóxicas ou tecnolóxicas, e ten un alcance ou aplicación nos eidos de creación de novos produtos, deseño de produtos ou redeseño de existentes, deseño de servizos e experiencias a través dos servizos, e a estratexia de marca e posicionamento desta. Así como actividades de apoio e asesoramento en materia de innovación que a complementan.
- Plans de innovación en procesos e organización (liña 2-Innovapeme): actividades enfocadas a implementar melloras significativas nas funcións empresariais relacionadas coa produción, prestación e distribución de produtos, bens e servizos, así como nos métodos organizativos e prácticas comerciais empregadas pola empresa, e que permitan incrementar a capacidade innovadora dando lugar a diferenzas substanciais, non exclusivamente tecnolóxicas, coas prácticas anteriores.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.
Contía
A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada beneficiario determinarase sobre o investimento total que se subvenciona e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 28 e 29 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 segundo a seguinte táboa:
Actividades que se subvencionan
- No plan de deseño para a innovación e sustentabilidade (liña 1 -Deseñapeme), poderán incluír:
- Actividades de innovación en deseño
- Tarefas relativas ao deseño de produto
- Tarefas relativas ao deseño de servizos e experiencias
- Tarefas relativas ao deseño de marca e identidade corporativa
- No plan de innovación en procesos e organización (liña 2-Innovapeme) poderanse incluír as seguintes tarefas:
- Actividades de innovación, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas, deficiencias de coordinación e información asimétrica
- Tarefas vencelladas á innovación en procesos, mediante aplicación de métodos de produción ou loxística, novos ou mellorados de xeito significativo
- Tarefas vencelladas á innovación en materias de organización, mediante a posta en funcionamento de novos métodos organizativos para a comercialización, a organización do centro e actividades do traballo ou as relacións exteriores da empresa
Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou mellorados de xeito significativo.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de agosto de 2023.
Máis información
Consultar a CORRECCIÓN DE ERROS publicada no DOG o día 4 de agosto. CORRECÓN DE ERROS Resolución do 29 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
INFORMACIÓN Axencia Galega de Innovación | |
Páxina web da Axencia Galega de Innovación | http://gain.xunta.gal (na súa lapela de axudas) |
LIÑA 1 de plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade | 981 33 71 33 programadeseno.gain@xunta.gal |
LIÑA 2 de plan de innovación en procesos e organización | 981 54 10 79, 981 95 70 17, e 881 99 91 21. servizos.gain@xunta.ga |
Guía de procedementos e servizos administrativos | http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos |