CONVOCATORIA AXUDAS EMPRENDEMENTO PLUS 2023

Se es autónomo ou tes unha pequena ou mediana empresa en Galicia que non teña máis de 42 meses de antigüidade, xa podes solicitar as axudas do novo Programa Emprendemento Plus 2023 para a realización de novos investimentos e para a contratación de traballadores.

A xunta de Galicia ven de publicar a CONVOCATORIA de axudas do programa Emprendemento Plus, a través de dúas liñas: Emprendemento Plus Investimento e Emprendemento Plus Emprego. A finalidade é apoiar as iniciativas de emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de 3 anos e medio de antigüidade.

Beneficiarios

Persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresa que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que teñan o seu domicilio social, fiscal e/o un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
  3. Que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade que se trate, e iniciasen a súa actividade con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.
  4. No caso de sociedades unipersoais ou persoas autónomas, non poderán ser consideradas emprendedoras as persoas que teñan a condición de socio ou socia único noutra empresa unipersoal ou que leven dados de alta no réxime de persoas autónomas máis de corenta e dous meses. Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
  5. Figurar rexistradas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia e efectuar a comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento.
  6. Presentar, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
  7. Estar de alta no imposto de actividades económicas.
  8. Estar ao corrente no pago das súas obrigacións tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
  9. Non ser sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
  10. Non desenvolver actividades relacionadas con: a actividade bancaria, seguros, fondos de pensións, aquelas que afecten a seguridade nacional, a fabricación de armamento, armas e municións, os xogos de azar coas instalacións conexas, a transformación ou distribución de tabaco, as actividades de venda e/o alugueiro de inmobles.

Programa 1: Emprendemento Plus Investimento

A finalidade deste programa é  a consolidación de iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados nas iniciativas obxecto da axuda.

A través desta liña, serán  subvencionables os gastos realizados dende o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de outubro de 2024, nos seguintes conceptos (cun investimento mínimo de 10.000 euros):

  1. Equipamento informático.
  2. Activos intanxibles.
  3. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
  4. Reforma e habilitación das instalacións do local do negocio.
  5. Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man: Serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
  • Que os activos sexan adquiridos a unha persoa terceira non relacionada coa persoa compradora.
  • Que conste unha declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
  • Que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes aspectos mediante certificación de taxador/a independente, ou dunha empresa subministrador/a de bens da mesma tipoloxía dos bens de segunda obxecto de transacción.
  1. Costes indirectos do proxecto: serán como máximo dun 3 % total do orzamento do proxecto. 

Programa 2. Emprendemento Plus Emprego

Este programa ten por obxecto o fomento e a consolidación do emprego por parte de autónomos e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para promover a contratación de novos traballadores para o proxecto.

Poderase subvencionar a contratación por conta allea de persoas desempregadas por parte da empresa, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  1. O contrato ten que realizarse cunha persoa que figure como demandante de emprego no Servizo Público de emprego e que careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da seguridade social.
  2. O período para realizar as contratacións vai desde o 1 de xaneiro ao 31 de outubro de 2024.
  3. As contratacións deberán estar comunicadas a través da aplicación contrat@.
  4. Os contratos subvencionables deberán ser indefinidos, de duración indefinida e a tempo completo ou ben fixos descontinuos cunha duración mínima de 9 meses e a xornada completa.

Estes dous programas (investimento e emprego), son compatibles entre si, pero para optar ao Programa II Emprendemento Plus Emprego será necesario solicitar a axuda ao investimento establecida no Programa I Emprendemento Plus Investimento.

(Para poder optar ao Programa I: Investimento non é necesario solicitar o Programa II de Emprego).

Contía

O importe da subvención será como mínimo de 6.000 € e como  máximo de 90.000€. A porcentaxe de investimento subvencionable varía segundo a contía do investimento no proxecto. 

Doutra banda, as contratacións subvencionaranse con 6.000€, tanto indefinidas como fixas descontinuas.

Prazo de solicitudes

Dende 18 de xullo ao 17 de agosto de 2023.

Máis información

Consultar as ORDE do 13 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (apoio ao investimento) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para as anualidades 2023-2024.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Un comentario

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *