A súa finalidade é colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais contribuíndo na dinamización da actividade empresarial e do emprego que padece a crise económica xerada polo COVID-19 e do actual contexto internacional.
Persoas beneficiarias
Poderán concorrer a esta convocatoria pública as persoas autónomas e empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional que iniciaran a súa actividade empresarial entre o 1 de abril de 2022 e o 28 de febreiro de 2023 (entendendo por inicio de actividade o alta no IAE).
Non poderán solicitar estas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as persoas físicas distintas do disposto no parágrafo anterior.
Requisitos
- Que a persoa desenvolva a súa actividade no termo municipal de Vigo con data anterior ao inicio do prazo de presentación da solicitude.
- Que a persoa promotora cree o seu propio posto de traballo e estea en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial. No caso de varias persoas promotoras, como mínimo o 50% do capital social da empresa será de titularidade de persoas que previamente estivesen en situación de desemprego.
- Que os/as promotores/as da empresa non desenvolveran igual ou similar actividade empresarial na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.
- Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias coas administracións local, autonómica e estatal e coa Seguridade Social.
Gastos subvencionables e contía das axudas
O importe da axuda será, como regra xeral, o 50% dos gastos da posta en marcha e funcionamento da empresa correspondentes aos tres meses anteriores e aos catro meses posteriores ao inicio da actividade empresarial (agás os gastos de constitución e apertura que poderán corresponder ao período comprendido desde os seis meses antes do inicio da actividade ata a data límite de presentación da solicitude), cunha contía máxima por todos os conceptos de 3.000€ , sen que poida exceder, en ningún caso, da contía total do investimento inicial realizado.
Se a contía resultante dos gastos da posta en marcha e funcionamento resulta inferior á contía máxima de axuda (3.000€) poderase incrementar o importe resultante en función da situación social que acredite cada persoa promotora (e sempre co límite dos 3.000 euros).
Os gastos subvencionables son os seguintes:
- Gastos de constitución e apertura:
- Honorarios e gastos de proxectos técnicos
- Honorarios do Rexistro Mercantil
- Honorarios de notarías
- Existencias iniciais de mercadorías: subvencionarase a adquisición de primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción ou servizo, así como a subscrición a revistas e libros profesionais.
- Gastos de alugueiro: sempre que o elemento alugado sexa imprescindible para a realización da actividade da empresa:
- Inmobles e locais
- Vehículo industrial
- Aplicacións e equipos informáticos e outros equipos audiovisuais. Achegarase o xustificante do gasto e, de ser o caso, o contrato de arrendamento correspondente. Non se subvencionarán os conceptos de fianzas e garantías.
- Primas de seguros: sempre que estean directamente relacionados coa actividade empresarial (seguro do local, de responsabilidade civil e calquera outro afín e, como máximo, dun vehículo, só no caso de que sexa imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade). Achegarase o xustificante do gasto e documento acreditativo da póliza concertada para a que se solicita subvención. Subvencionarase tendo en conta o importe efectivamente aboado.
- Gastos da actividade: derivados directamente da realización da actividade empresarial:
- Hosting e servizos web
- Papelaría e material de oficina
- Asesoría
- Formación e cursos recibidos (directamente relacionados coa actividade a desenvolver)
- Gastos de difusión da actividade empresarial
- Dereitos de propiedade industrial:
- Patentes
- Modelos de utilidade
- Deseño industrial
- Marcas de produtos ou servizos
- Nomes comerciais
- Dominio en Internet
As facturas correspondentes a estes gastos deben estar expedidas a nome da solicitante, non estar emitidas por algún promotor da empresa e, ademáis, cumprir cos requisitos esixidos no Real Decreto 1619/2012, do 30 de novembro polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
As facturas indicarán o seu importe en euros ou, no seu defecto, presentarase xunto coa factura xustificante de pagamento acreditativo do seu valor correspondente.
Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega nin facturas proforma. Non se admitirán os pagos en efectivo.
Obrigas dos beneficiarios (unha vez concedida a axuda)
- Manter a actividade empresarial, cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo non inferior a 6 meses desde a data de concesión desta axuda, salvo cesamento por causas alleas a súa vontade e que deberá acreditar.
- Comunicar á unidade de Desenvolvemento Local e Emprego calquera modificación das condicións que se produzan a partir da presentación da solicitude da axuda e das que se tiveron en conta no momento da concesión, así como dos seus compromisos e obrigas, no prazo dun mes desde a súa modificación.
- Declarar as subvencións e axudas solicitadas ou concedidas polo mesmo concepto procedentes de calquera outra administración.
- Para os efectos de difusión pública figurará de forma visible, cartel informativo no que constará o financiamento do Concello de Vigo, segundo modelo normalizado subministrado pola unidade de Desenvolvemento Local e Emprego que deberá manterse exposto ata ó 30 de xuño de 2024.
- Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que se leven a cabo pola unidade de Desenvolvemento Local e Emprego, a quen corresponderá a comprobación destas subvencións e facilitar a esta e á Intervención Municipal, Tribunal de Contas e Consello de Contas toda a información que reclamen no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións, para o que deberá conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, en tanto podan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
- Proceder ao reintegro, total o parcial, da subvención percibida nos supostos previstos nos artigos 36-37 da LXS e 32-33 da LSG e nos casos previstos nestas bases reguladoras e convocatoria.
Criterios de baremación das solicitudes
A concesión das axudas realizarase a través da comparación das solicitudes presentadas e graduarase tendo en conta os seguintes criterios:
- Persoas emprendedoras co certificado do Concello de Vigo necesario para a súa cualificación como ILE ante a Xunta de Galicia e/ou que obtiveron a cualificación do Concello de Vigo como PEIM (ata 10 puntos).
- Situación social das persoas promotoras que crean o seu posto de traballo (ata 20 puntos).
- Número de postos de traballo creados por conta propia ou allea en situación de alta ata a data límite de presentación da solicitude (ata 20 puntos). Por cada emprego creado en situación de alta, por conta propia ou allea, a tempo completo: 2 puntos.
- Persoas promotoras autoempregadas persoas traballadoras contratadas por conta allea e/ou persoas autónomas colaboradoras vinculadas á empresa, en situación de alta, que estean empadroadas no Concello de Vigo (ata 20 puntos). Por cada persoa promotora autoempregada, contratada por conta allea e/ou persoa autónoma colaboradora vinculada á empresa, empadroada no Concello de Vigo: 2 puntos.
- Polo emprego da lingua galega no desenvolvemento da actividade empresarial (2 puntos).
- Que a solicitude presentada estea completa, sen ter que facer ningún tipo de requirimento (2 puntos).
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes psentarase nos formularios normalizados dende o 7 de xullo ata ó 21 de xullo de 2023.
Máis información e acceso ao procedemento de solicitud
Consultar as BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2023
Concello de Vigo: Axudas municipais á creación de empresas 2023.
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.