Axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante estas axudas permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial. Así mesmo, subvencionarase unha parte do custo dos centros e/ou servizos para o coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
Beneficiarios
Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que contraten unha persoa traballadora, ben sexa no caso de finalizado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, ou ben en calquera momento en que o precisen para apoiar o coidado de menores e/ou maiores e dependentes, e segundo o disposto nesta orde.
Requisitos
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas; tamén poden ser beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís e comunidades de bens, a título individual, sempre e cando cumpran os seguintes requisitos no momento da solicitude:
a) Ter o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Desenvolveren a sua actividade empresarial ou profesional en Galicia, segundo alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037.
c) Cumprir os requisitos exixidos nesta orde e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades cooperativas e as persoas autónomas colaboradoras, así como os autónomos administradores que non teñan parte na sociedade.
Accións subvencionables
1.Bono autónomo concilia I
A persoa solicitante tivo que estar previamente de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. O contrato que se realice será de calquera modalidade co compromiso dunha duración mínima de seis meses.
A contratación débese realizar cunha persoa desempregada e débese realizar no período máximo dun ano unha vez rematado o período de descanso por maternidade, paternidade, adopción ou acollemento. Non é necesario cumprir estos requisitos se a contratación se realiza coa mesma persoa que estaba contratada por substitución da persoa traballadora por maternidade ou paternidade.
a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
b) Serán subvencionables as contratacións que se realicen para apoiar a persoa autónoma no seu negocio, cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior se inicien entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023.
c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo, polo tanto, o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.
d) Cando se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.
e) A persoa beneficiaria ten a obriga de manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período mínimo do tempo polo que se lle concedeu a subvención desde a alta do contrato subvencionado, mantendo como mínimo a xornada pola que se concedeu a subvención.
2.Bono autónomo Concilia II:
O solicitante ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade o afinidade coa persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grado de discapacidade igual ou superior ao 33 %, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. No caso de menores acollidos non será necesario acreditar a convivencia previa. A contratación débese realizar cunha persoa desempregada, entendendo como tal unha persoa sen ocupación segundo a vida laboral e inscrita na oficina de emprego.
a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano, para o coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
b) Serán subvencionables as contratacións que se realicen para apoiar a persoa autónoma no coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior se inicien entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023.
c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo, polo tanto, o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.
d) Cando se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.
e) A persoa beneficiaria ten a obriga de manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período mínimo do tempo polo que se lle concedeu a subvención desde a alta do contrato subvencionado, mantendo como mínimo a xornada pola que se concedeu a subvención.
3.Bono autónomo Concilia III
Para ser beneficiario desta axuda a persoa solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir a relación de parentesco deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grado de discapacidade igual ou superior ao 33 %, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. No caso de menores acollidos non será necesario acreditar a convivencia previa.
a) Será subvencionable o 75 % do custo do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade, ata un máximo de 3.000 €.
b) Serán subvencionables os gastos dos servizos de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, realizados no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2022 ao 29 de setembro de 2023. A contía máxima que se percibirá será o 75 % do custo do centro ou do servizo.
c) Xustificar, ante o órgano concedente, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización do servizo e acreditar con facturas e transferencias bancarias dos gastos realizados, onde conste expresamente a identificación con nome, apelidos e DNI/NIE da persoa beneficiara da axuda.
Os tres tipos de axudas reguladas nesta orde, bono autónomo Concilia I, Concilia II e Concilia III serán compatibles entre si.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento TR341R
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.