Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas en réxime de concorrencia non competitiva.
A través desta liña, as empresas turísticas poderán recibir axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico. Están incluídas as seguintes tipoloxías: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos. Quedarán excluídos os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio.
Beneficiarias
- As pequenas e medianas empresas (pemes), sempre que teñan residencia fiscal en España, e se encadren nalgún dos seguintes colectivos:
- As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de edificios existentes destinados a aloxamento turístico.
- As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios destinados a aloxamento turístico, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente que lles outorgue facultade expresa para acometer as obras de reforma obxecto desta orde
- As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT). Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación, teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención. No caso de que o/a representante legal non sexa o/a mesmo/a que o/a que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.
- Para os efectos das axudas de minimis , conforme á normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.
- As persoas físicas deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán ter o seu domicilio fiscal e centro operativo permanente en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto da subvención.
- As persoas xurídicas de natureza privada, para ser beneficiarias, deberán acreditar que se atopan debidamente constituídas.
- Deberán atoparse ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.
- Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria destas axudas:
- Quen incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.
- As empresas que se atopen en situación de crise, conforme a definición que para estes efectos se realiza no Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crises (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).
- As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por declararse axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigacións que lles viñesen atribuídas na concesión.
- As persoas e as entidades beneficiarias deberán destinar o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións subvencionables.
Actuacións subvencionables
- As actuacións subvencionables desta resolución e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías:
- Tipoloxía 1: Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.
- Tipoloxía 2: Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios.
- Tipoloxía 3: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
- Os investimentos deberán realizarse en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, sempre que sexan edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico: hoteis e pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estas actuacións deberán alcanzar as dúas condicións seguintes:
- Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 %.
- A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2 /m2 ano). Non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.
Axudas e contía
- As axudas que se concedan serán a fondo perdido, tendo como finalidade o cumprimento das actuacións subvencionables correspondentes.
- A axuda na contía que se estableza na resolución da concesión correspondente, será outorgada á persoa destinataria última das axudas que teña xustificado en tempo e forma o cumprimento da actuación subvencionable, conforme os requisitos e condicións establecidos na correspondente convocatoria.
- A intensidade da axuda será a suma da axuda base e da axuda adicional que puidese corresponder en función do cumprimento dos criterios que se indican no punto 5.
- A contía da axuda determinarase aplicando as porcentaxes indicadas a continuación sobre o custo elixible da actuación, e o seu cálculo realizarase seguindo o procedemento que figura no anexo IV, para cada unha das tipoloxías de actuación, sen que a suma da axuda base e a axuda adicional poidan superar a intensidade de axuda ou o importe de axuda máis elevados aplicables á devandita axuda.
- A axuda adicional graduarase en función da concorrencia de criterios engadidos de eficiencia enerxética ou actuacións integradas das tipoloxías de actuación:
- Eficiencia enerxética: terán dereito a unha axuda adicional por mellora da eficiencia enerxética, aquelas actuacións que eleven a cualificación enerxética do edificio para obter unha clase enerxética «A» ou «B», na escala de CO2 , ou ben, incrementen en dúas letras a cualificación enerxética de partida.
- Actuación integrada: terán dereito a axuda adicional por actuación integrada (clica enlace a os casos).
- A intensidade da axuda non debe exceder do 30 % dos custos subvencionables, podendo incrementarse nun 20 % adicional para pequenas empresas e nun 10 % para medianas empresas.
- A intensidade da axuda poderá ser do 100 % cando a axuda se conceda ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
Prazo
O prazo para a presentación da solicitude estará aberto ata o 29 de maio de 2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedimiento TU986B
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.