A través desta convocatoria, apoiaranse proxectos piloto que poñan en marcha pequenas e medianas industrias, que deberán ter unha duración mínima de 24 meses desde a resolución da concesión. Deben incluír, á súa vez, melloras organizativas que incrementen a produtividade, de maneira que se compensen os custos das medidas de redución de tempos de traballo.
Restrínxese de momento ao sector industrial, ao ser un proxecto experimental cun orzamento reducido, para ter unha suficiente representatividade que permita obter conclusións que poidan posteriormente escalarse ao resto da economía.
Destinatarios
Pequenas e medianas empresas, con personalidade xurídica propia, legalmente constituídas en España que desenvolvan unha actividade industrial.
Requisitos dos proxectos piloto
- Redución mínima da xornada laboral a tempo completo do 10%, en cómputo semanal.
- Manter a redución da xornada durante un mínimo de dous anos.
- A redución afectará unicamente aos traballadores con contrato indefinido a tempo completo no inicio do proxecto.
- A redución deberá afectar a un porcentaxe mínimo do cadro de persoal: 30% no caso de pemes de menos de 20 traballadores e 25%, no caso de empresas de entre 20 e 250 traballadores.
- Medidas organizativas ou formativas para optimizar o tempo de traballo a implementar durante toda a duración do proxecto piloto, que redunden na mellora da produtividade.
- Indicadores que midan a mellora da evolución da produtividade.
- Que exista acordo coa representación legal dos traballadores.
Contía
Subvencionaranse os gastos asociados á reorganización e parte dos custos salariais derivada da redución da xornada laboral. O importe máximo por empresa será de 200.000€.
Os gastos subvencionables do proxecto piloto deberán realizarse no prazo de 12 meses a contar desde o día seguinte á resolución de concesión, excepto o gasto derivado do informe de auditoría, que poderá realizarse dentro do prazo concedido para presentar a documentación xustificativa (3 meses).
Prazo
Data de inicio da presentación de solicitudes: 13 de abril de 2023 ata o 16 de maio de 2023( ás 23:59 horas)
Máis información
Convocatoria na EOI Do Proxecto Piloto Da Redución Da Xornada Laboral
Convocatoria na Sede Electrónica Fundación EOI
Orden Das Bases ICT/1238/2022, do 9 de decembro.
Para resolver calquera dúbida sobre a convocatoria e o procedemento, a EOI pon a disposición das persoas e empresas interesadas o email: ayudasreduccionjornada@eoi.es
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.