Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar: a igualdade laboral (Liña I), adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (Liña II), así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE) (Liña III),no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarias
Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade
- As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
- As empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49. Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude. As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras exixido para cada liña durante todo o período establecido (día 1 de xaneiro de 2023 e ata o 31 de outubro de 2023).
Liña II: conciliación que, pola súa vez, comprende tres subliñas:
- Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
- Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
- Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.
Liña III: certificacións de RSE.
- As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas. As empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Accións subvencionables
Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade. Obxecto de subvención conxuntamente ou por separado, os conceptos:
- Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero.
- Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa e que, como mínimo, deberá conter as medidas establecidas no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro.
- Os custos derivados da implantación das medidas previstas no plan de igualdade que xa teña aprobado a entidade para o seu primeiro ano de vixencia.
- A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e, como mínimo, dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.
- Poderán ser subvencionables as accións para as cales concede a axuda ou incentivo que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2023 e ata o 31 de outubro de 2023.
Contía
Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade.
- Ata o 80 % dos custos que comporte o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.
- Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.
- Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.
- Unha contía de 12.000 € pola contratación, como mínimo, dun ano dunha persoa experta en igualdade.
- A contratación prevista no número 4 é compatible coas axudas previstas nas letras 1, 2 e 3.
- Importe total de 250.000 €.
Liña II: conciliación.
Subliña 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo:
- As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 € por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa.
- O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas enque a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.
Subliña 2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria:
- As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 € por empresa solicitante. O límite máximo incrementarase en 1.000 € para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.
Subliña 3: Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo
- As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 € por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 €s por empresa.
- A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.
Liña III: certificacións de RSE
- Será o pagamento do 80 % dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.
Requisitos
Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade.
1.As solicitantes deberán estar nalgún dos supostos seguintes:
- Empresas que implanten dunha maneira voluntaria un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.
- Cando a empresa implante, en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.
Non poderán ser beneficiarias das axudas do suposto 4 da liña I aquelas empresas de consultoría ou asesoría que teñan entre as súas actividades o asesoramento na elaboración e implantación de plans de igualdade ou a formación en igualdade.
Liña II: conciliación.
Subliña 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo:
- O teletraballo, xa forme parte da descrición inicial do posto de traballo ou se inicie posteriormente, debe en ambos os casos documentarse mediante o acordo individual de teletraballo.
- O acordo de teletraballo debe indicar, de forma separada e numerada, debendo fixar un número mínimo de horas de dedicación ao teletraballo que non poderá ser inferior ao 50 % da xornada semanal ordinaria.
Subliña 2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria:
- O acordo adoptado deberá detallar as medidas que se van implantar de xeito que queden reflectidas as melloras propostas con respecto á situación anterior e o compromiso de que as ditas medidas se manterán durante a duración do acordo
Subliña 3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo:
- Acordo de teletraballo en vigor.
- Orzamento desagregado por conceptos dos gastos derivados do investimento que se vai realizar (sen IVE).
Liña III: certificacións de RSE
- As empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Prazo
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 10/03/2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria tamén podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.