PROGRAMA BONO PERSOAS AUTÓNOMAS 2023

Se es autónomo ou tes unha pequena empresa, con máis de tres anos e medio de actividade, e estás pensando en facer melloras no local, comprar algún equipamento ou modernizar o teu negocio, xa podes beneficiarte do bono de persoas autónomas 2023. Bótalle unha ollada á última convocatoria.

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

Persoas beneficiarias
  1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000€ e unha facturación mínima anual de 12.000€ , IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.
  • As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia:
  • Na data da solicitude teñan unha persoa aútonoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresaria, que non fose beneficiaria con anterioridade desta axuda e que non presentase nesta convocatoria outra solicitude.
  • Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000€ , IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.
  • Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2021 inferior a 30.000€. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000€ referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da entidade solicitante.

Quedan excluídos desta orde:

  • Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea.
  • As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas nalgunha das anteriores convocatorias.
Contía da subvención

Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias unha subvención do 80 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 3.000€ de axuda polo conxunto de actividades subvencionables e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.

Investimentos subvencionables

Serán subvencionables, dentro desta liña de axudas, os seguintes investimentos:

  • Compra de maquinaria.
  • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
  • Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
  • Compra de utensilios e ferramentas.
  • Reforma do local do negocio.
  • Equipamento informático.
  • Equipamento de oficina e/ou negocio.
  • Rótulos.
  • Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
  • Deseño de marca.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, a persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens.

No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

Prazo

O prazo de solicitude comeza ás 9.00 horas do día 25 de xaneiro e remata ás 9.00 horas do día 29 de setembro de 2023.

Máis información

Consulta o dog do 24 de xaneiro de 2023 (código de procedemento TR341Q).

Para calquera información a maiores ou se precisas axuda para a tramitación, podes solicitar cita no noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

NON ESQUECER:

¡¡¡ A PERSOA OU EMPRESA SOLICITANTE DEBE TER UNHA ANTIGÜEDADE DE 42 MESES!!!

¡¡¡A TRAVÉS DESTA AXUDA SERÁN SUBVENCIONABLES OS GASTOS REALIZADOS DESDE O 1 DE XANEIRO DE 2023 E ATA A DATA DA SOLICITUDE DA AXUDA, EFECTIVAMENTE XUSTIFICADOS, MEDIANTE FACTURAS E DOCUMENTOS BANCARIOS ACREDITATIVOS DO SEU PAGAMENTO!!!

¡¡¡A PERCEPCIÓN DESTA AXUDA OBRIGA A MANTER A ACTIVIDADE DURANTE UN MÍNIMO DE 24 MESES. A XUNTA SOLICITARÁ DEVOLUCIÓN DAS AXUDAS, NO CASO CONTRARIO!!! 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *