PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO 2023

Xa podes solicitar a axuda do programa impacto autónomo. Este programa está dirixido a minimizar o impacto da suba dos custos das materias primas e das subministracións que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas.

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas para facer fronte á situación económica xerada pola suba dos custos das materias primas e subministracións, que afectan e condicionan a súa actividade económica.

Beneficiarias
  • Persoas autónomas e traballadoras por conta propia que tivesen uns rendementos netos de actividades económicas no ano 2021 comprendidos entre 10.000 e 30.000 euros.
  • Traballadores autónomos de tempada que estivesen de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e 2022.
  • Microempresas, sociedades, comunidades de bens e sociedades civís, que no ano 2021 tivesen una facturación mínima de 50.000 euros e máxima de 750.000 euros.
Requisitos

Que a persoa solicitante estivese de alta ou situación asimilada, mínimo 6 meses ininterrumpidamente antes da publicación desta convocatoria, no réxime da Seguridade Social correspondente.

Manter a actividade económica durante un mínimo de 6 meses desde a publicación desta axuda.

No caso de desenvolver a actividade nun establecemento aberto ao público, o establecemento deberá tamén permanecer aberto durante os 6 meses posteriores á publicacion da orde.

Ter domicilio fiscal en Galicia.

Contía das axudas
  • 800 € para persoas que tributen en réxime de estimación obxectiva (módulos).
  • 1.500 € para persoas autónomas con rendementos netos no ano 2021 de ata 20.000 € e empresas (micropemes, sociedades, CB ou SC) cunha facturación entre 50.000 e 250.000 €.
  • 1.200 € para persoas autónomas con rendementos netos no ano 2021 comprendidos entre 20.000 e 30.000 € e empresas (micropemes, sociedades, CB ou SC) cunha facturación entre 250.000 e 750.000 €.

No caso de autónomos ou empresas que se desen de alta ao longo do 2021 e que non acrediten 12 meses de actividade; ou no caso de autónomos de tempada, as axudas reduciranse nun 50% respecto aos importes anteriores.

Prazo

Dende o 09 de xaneiro ata o 09 de febreiro de 2023.

(as axudas concederanse por orde de presentación ata o esgotamento do crédito)

Máis información e acceso ao procedemento de solicitude

No enlace TR890A – Impacto autónomo

Consultar a ORDE do 28 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR890A).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *